Hoxe comezamos novos obradoiros. Neste caso presentamos o de maxia. Os máis cativos do colexio gozaron dunhas fantásticas propostas a través do cal se fomentou a ilusión, a fantasía e a imaxinación coa música, os trucos e as manualidades. Foi unha xornada máxica!
Vivemates é o nome doutro dos nosos talleres. Neste, os nenos/as xogan coas regletas, comparan, crean formas, clasifican e traballar en equipo as matemáticas manipulativas.
Hoxe presentamos outro taller máis dos que realizamos en Infantil. Nesta ocasión é o taller de contos co libro o "Monstruo de colores", onde despois de leelo cada un fai o seu monstruo según o seu estado de ánimo.
Seguindo cos obradoiros en Educación Infantil, esta vez amosamos o obradoiro sobre os Xogos Olímpicos. Os máis pequenos, coñeceron as medallas, o podio e fixeron dorsais. Tamén practicaron carreiras, saltos e lanzamentos de xavelina. Uns campións e campioas!
Como cada venres levamos a cabo outra sesión de obradoiros interniveis en Educación Infantil. Esta vez amosamos o obradoiro de arte, onde realizamos uns útiles de baile hawaiano.
O venres volvemos a realizar obradoiros en Educación Infantil. Esta vez amosamos un deles, o de motricidade fina. Neste obradoiro fixemos recortado e fiado de palliñas de cores. Podedes ver unha mostra na seguinte foto:
O venres comezaron os obradoiros internivel en Educación Infantil. A continuación podedes ver un pouco do realizado: cenorias e máis cenorias! Plantación e biscoito.