Almorzos Saudables
Alumnos e alumnas do cole visitamos o Pazo de Vista Real. Viaxamos no "Chiquitren" e aproveitamos para visitar lugares moi fermosos de Vilanova como a praia do Terrón, o porto ou a lonxa. No pazo agardábannos os alumnos e alumnas da escola de hostelería e restauración do concello. Agasalláronos cun almorzo digno dun "restaurante con estrelas". A preparación estaba basada en froitas e verduras. Os nenos e nenas degustaron unhas preparacións moi sans e moi divertidas como poderedes ver na galería de fotos.
Moitas grazas aos futuros Chefs e Maîtres de Vilanova!!!!!