Skip to Content

Vivenciamos a vendima nas aulas de 3 anos!

En infantil, 3 anos, comezamos o proxecto deste curso: "Percorremos o Salnés con Don Mexillón" cunha actividade típica da zona: A vendima!

Vimos variedades de uvas, fixemos "viño" e ata plantamos unhas vides dende a semente. A ver se temos sorte e nacen!

GRADUACIÓNS

No auditorio de Valle-Inclán leváronse a cabo as graduacións do alumnado de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria. Foron uns actos moi emotivos, que significan o fin dunha etapa e o comezo doutra.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Xa están aquí as recomendacións lectoras para o verán da Biblioteca de Don Mexillón. Non as perdades!

Fai clic na seguinte imaxe

TRABALLANDO O RITMO

Últimos días de obradoiros en Educación Infantil. Neste caso foi a quenda de música. Ollade como traballan o ritmo!

XIMNASIA RÍTMICA

Un pouco de movemento co clube de ximnasia rítmica Vilarousa!

Os peques de infantil desfrutaron do entrenamento e a exhibición das ximnastas. Grazas por ensinarnos un pouco máis sobre este deporte.

VISITA O TEU SUPER

Deixámosvos unha mostra da iniciativa "Visita o teu super" de Eroski. As nenas e nenos de 4º e 5º curso realizaron actividades diversas relacionadas coa alimentación saudable e as matemáticas aplicadas, principalmente. Tamén trouxeron de volta algún regaliño... Moitas grazas a Eroski.

GRANXA SERANTELLOS

O alumnado de Educación Infantil realizou unha excursión á Granxaescola Serantellos. Alí coñeceron aos animais da granxa, elaboraron pan, plantaron e se iniciaronn na compostaxe.

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Para celebrar esta conmemoración o alumnado do Cole Norte inaugurou o horto escolar cunhas fermosas plantas. No Cole Sur plantaron distintos tipos de árbores por todo o patio cedidas pola Deputación de Pontevedra.

 

ACCIÓN POLO CLIMA

O venres o noso alumnado de 4º presentou o seu proxecto sobre o medio ambiente e o quecemento global. Ademais, revelaron por fin o misterio do número 5, facendo reflexionar aos vecin@s, compañeir@s e familias sobre o incremento do nivel do mar.

Unha forma xenial de contribuir ao ODS 13: "acción polo clima", e de por en práctica a proposta pedagóxica: "aprendizaxe-servizo".

Moitas grazas a todos/as por achegarvos á escola!

SAVE THE CHILDREN

A semana pasada produciuse a entrega de diplomas ao alumnado que participou (de xeito voluntario) na creación de marcapáxinas co obxectivo de recadar fondos para esta ONG. Moitas grazas pola vosa colaboración!

Distribuir contido


by Dr. Radut