O alumnado de 2º estase iniciando na aprendizaxe didáctica e responsable dos equipos informáticos individuais. As ferramentas dixitais constitúen o soporte imprescindible no proceso de aprendizaxe. Polo tanto, é moi importante aprender a manexalas de xeito correcto.
Debido a que traballamos diariamente na rede e o alumnado tamén a utiliza no seu tempo libre, consideramos necesario que se empregue con responsabilidade. É por iso que estes días tivemos unha charla de NAVEGA CON RUMBO (por parte dun enxeñeiro informático) e outra de CIBERSEGURIDADE (por parte da garda civil).
O 2 de abril realizamos no colexio diversas actividades para coñecer, falar e concienciar sobre o autismo. Deixámosvos por aquí unha pequena mostra. Esperamos que vos guste!
O alumnado de infantil realizou as seguintes actividades para finalizar o segundo trimestre, baseadas nos proxectos desenvoltos sobre os Xogos Olímpicos, máis concretamente de París; así como outras relacionadas coa Pascua.
O martes visitounos Lúa Piñeiro, a campeona de España de Taekwondo. Con ela os pequenos de Educación Infantil desfrutaron practicando deporte. Que mellor forma de festexar tamén o día da muller! Moitas Grazas pola visita!
O alumnado de 5º curso está a por en práctica algunhas das estratexias traballadas no PFPP (Plan de Formación Permanente do Profesorado) de matemáticas manipulativas. Neste caso, centrámonos na lóxica matemática a través de catro estacións distintas de aprendizaxe.
O martes compartimos outra xornada máis de multideporte do programa XOGADE con 3º de primaria. Esta vez visitounos o cole de Vilariño (Cambados) CEIP Enrique Barreiro. Moitas Grazas!!
Na biblioteca de Don Mexillón tivemos o pracer de recibir á piragüísta Marta Iglesias, continuando co traballo dos deportes no proxecto de centro sobre os Xogos Olímpicos.
Polo día da muller realizáronse distintas actividades. Entre elas unha charla e práctica coa esgrimista Araceli Bugallo e a visita dunha nai que traballa como militar.