Iníciase o procedemento de ADMISIÓN DO ALUMNADO en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024-2025.
O prazo para poder realizar a admisión de alumnado será do 1 ao 20 de marzo.
IMPORTANTE: A solicitude xunto co ANEXO II BIS deberá vir asinada polos dous proxenitores, titores ou acolledores do/da menor.
O formulario da solicitude está dispoñible e pode presentarse das seguintes maneiras:
- A través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado (solicitudes > admisión). A solicitude debe ser impresa e unha vez asinada presentala no centro xunto con toda a documentación que se indica máis abaixo.
- Na sede electrónica da Xunta, mediante a CHAVE 365 ou Certificado Dixital. A solicitude faise na sede, onde se sobe a documentaicón escaneda. Neste caso non é necesario entregar nin a solicitude nin a documentación no centro, sempre que se complete correctamente o procedemento.
- Na secretaría do centro, en horario de 09:00 a 14:00. Hai que recoller o impreso ED550B, cumprimentalo, asinalo e presentalo xunto coa documentación que se indica seguidamente.
DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO COA SOLICITUDE + ANEXO II BIS:
- Fotocopia do DNI do alumno e copia do libro de familia ou docmento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros da unidade familiar.
- Volante de inscrición padronal (empadroamento).
- Certificado de matrículo e/ou certificación do/s curso/s realizado/s anteriormente se se solicita un curso diferente a 4º de Ed. Infantil
- De ser o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/da menor.
Ante calquera dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto no teléfono 886 151 885