Skip to Content

LETRAS GALEGAS

Polas Letras Galegas realizamos diversas actividades para conmemorar o 17 de maio, Día das Letras Galegas. Este ano a homenaxeada foi Luísa Villalta e puidemos coñecer un pouco máis da súa vida e obra. Fixemos un videoconto ilustrado por nós, un mural, poemas, cantamos o himno galego...

FONDO LIBROS E AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024/2025

Aberto o prazo para a presentación de solicitudes de Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar, para o vindeiro curso 2024/2025.

do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024


https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/


♦ Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar]. IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seusfillos.
  • Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar]

  • Presencial manual: cubra os Anexo I e Anexo II  da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nincoñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/03/2025.

 

COÑECENDO A LUÍSA VILLALTA

Facendo clic na seguinte imaxe podedes ver un vídeo no cal contamos coa presenza de Susana Villalta, irmá de Luísa Villalta, onde poderedes coñecer máis a fondo a vida da autora homenaxeada polo Día das Letras Galegas contada e ilustrada polos/as nenos/as do centro. Tamén temos no archivo adxunto unha entrevista feita á mencionada irmá.

 

MAIOS

Xa é tradición no Xulio Camba celebrar o Maio (este ano cun pouco de retraso por razóns meteorolóxicas). Gozamos dunha fermosa xornada de convivencia de todo o centro. Ademais, tivemos a grandísima sorte de que dous bailaríns nos introducisen no baile tradicional  e nos agasallasen cunha magnífica actuación. Moitas grazas!

PIRAGÜISMO

O alumnado de terceiro ciclo realizou unha actividade de iniciación ao piragüismo na zona do Terrón. Moitas grazas a todo o persoal do Club de Piragüismo da Illa de Arousa.

LETRAS GALEGAS 2024

Este ano o Día das Letras Galegas adícase a Luísa Villalta en recoñecemento a súa valiosa contribución á literatura galega. Para coñecer un poquiño máis sobre ela, facede clic nos seguintes enlaces:

https://primaveradasletras.gal/2024

http://seminariogalan.org/inicio/2024

 

 

SEMANA DO LIBRO

Ademais dos apadriñamentos lectores, o alumnado realizou múltiples actividades, entre outras:

- Marcadores como agradecemento para os padriños e madriñas.

- Contacontos con luz negra en español e inglés.

- Lectura e debuxo dun poema de Gloria Fuertes.

 

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Con motivo da celebración da Semana do Libro, tiveron lugar os xa tradicionais apadriñamentos lectores entre o alumnado de distintos cursos. Nun primeiro momento, realizaron unha visita para coñecerse e saber os seus gustos e, á semana seguinte, léronlles os contos ao aire libre.

 

XOGADE

A semana pasada participamos nos últimos encontros multideporte entre os coles da contorna. Foi o turno de 4º e 5º de primaria co CEIP de San Roque (Corón).

 

Distribuir contido


by Dr. Radut