Skip to Content

SAVE THE CHILDREN

A semana pasada produciuse a entrega de diplomas ao alumnado que participou (de xeito voluntario) na creación de marcapáxinas co obxectivo de recadar fondos para esta ONG. Moitas grazas pola vosa colaboración!

NOVIDADE

Queremos das as grazas á ANPA O Cruceiro polas mesas e bancos para o patio do Cole Norte.

OBRAS DE TEATRO EN INGLÉS

Obra de teatro musical en inglés para os pequechos do cole por parte de "Kids and us" e tamén para nenos/as de 1º.2º,3º por parte de "2 Minds Combined". What a good time we had!

EXCURSIÓN A CAMPO LAMEIRO

Así desfrutaron a excursión os dos 1º ciclo no Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro.

COCIÑAMOS

Os alumnos e alumnas de terceiro curso experimentaron coas unidades de medida preparando uns ricos biscoitos para merendar.

EXCURSIÓN 2º CICLO

O venres os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria tiveron excursión de fin de curso no Camping Paisaxe II. Gozaron dun día de piscina e de xogos ao aire libre nos que non faltou a diversión!

CONCERTO DIDÁCTICO

Os nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º Ciclo de EP asistiron ao Concerto Didáctico da Escola de Música de Vilagarcía no Auditorio Valle-Inclán de Vilanova de Arousa.

SAÍDA A VIGO

O alumnado de realizou unha saída a Vigo para visitar o Museo do Mar de Galicia, o estadio de Balaídos e para compartir unha xornada de adestramento co Celta Integra. Un día xenial!

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Hoxe leváronse a cabo os apadriñamentos lectores por parte do alumnado do IES A Basella ao alumnado do noso colexio. Gozaron da lectura e realizaron unha actividade de papiroflexia xuntos!

 

GARDA CIVIL

O mércores gozamos dunha exhibición da Garda Civil na que puidemos aprender moito sobre o traballo que realizan cada día, así como as distintas especialidades ás que se dedican. Máis de un/unha xa quere ser Garda Civil de maior! Moitas grazas por esta actividade tan fantástica!

Distribuir contido


by Dr. Radut