Skip to Content

PLURIKIDS

Nas seccións bilingües de Educación Infantil os máis pequenos do colexio aprenderon algunhas cousiñas de París (con motivo dos próximos Xogos Olímpicos), coa axuda da canción "Manuelita the turtle". E así, coma tartarugas, dixeron algunhas carreiras moi divertidas!

 

XOGADE

O alumnado de 4º de Educación Primaria gozou dunha xornada de iniciación ao Balonmán, co club Asmubal Meaño. Xa estamos desexando repetir! Moitas grazas a Thiago e a Gustavo.

PARLAMENTO E XUNTA DE GALICIA

O luns o alumnado de sexto curso realizou unha saída a Santiago de Compostela. Alí visitaron as nosas institucións: o Parlamento e a Xunta de Galicia.

 

RETOS NA MOCHILA VIAXEIRA

Estimadas familias,

Este ano a biblioteca de Don Mexillón está a tope de enerxía e queremos incluir na mochila viaxeira unha idea máis para fomentar a actividade física e a motricidade na casa, tanto para ter entretidos aos nenos/as uns minutos como para compartir tempo en familia.

Deixámosvos o enlace dun mestre de Educación Física que propón diferentes retos sinxelos, que podedes adaptar segundo as vosas habilidades. Unhas risas estan aseguradas!

 

https://www.youtube.com/@david_vera_ef/videos

RETOS NA BIBLIOTECA DE DON MEXILLÓN

Dende a biblioteca escolar propoñen un novo reto (como cada mes). Neste caso trata sobre mulleres olímpicas e o alumnado pode realizar esta actividade de xeito voluntario para conseguir un selo no seu carné de puntos.

Distribuir contido


by Dr. Radut