Skip to Content

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Dende a Biblioteca de Don Mexillón facémosvos chegar unhas recomendacións lectoras organizadas por ciclos. Aínda estades a tempo de incluír algún libro na vosa carta! Facede clic na imaxe.

CERIMONIA DE APERTURA DOS XOGOS OLÍMPICOS

Este ano o festival de Nadal foi un chisco diferentes, xa que se convertiu nunha Cerimonia de Apertura dos Xogos Olímpicos, onde os continentes representados nos aros estiveron presentes grazas a cada un dos ciclos. O alumnado bailou, tocou instrumentos e gozou dunha xornada festiva. Con esta pequena mostra e o video en adxunto, gustaríanos desexarvos unhas FELICES FESTAS!

I CARREIRA SOLIDARIA XULIO CAMBA

Celebramos a I Carreira Solidaria Xulio Camba de Nadal a favor do Banco de Alimentos de Vilanova de Arousa. Foi todo un éxito! Agradecémosvos a colaboración e esperamos vervos para o ano alí de novo. Temos un colexio cheo de campións e campioas!

 

POSTAIS DE NADAL

O alumnado de 4 anos elaborou unhas postais de nadal para felicitar as festas ás súas familias. Despois, foron botalas ao buzón para que lles cheguen por correo.

I CARREIRA SOLIDARIA XULIO CAMBA

O mércores 20 de decembro, o colexio celebrará no campo de fútbol do Terrón a I Carreira Solidaria Xulio Camba de Nadal a favor do Banco de Alimentos de Vilanova

DEPORTES DE COMBATE

O luns os máis pequenos do colexio gozaron dunha xornada de iniciación aos deportes de combate grazas ao Club Senín de Cambados. Esta actividade está enmarcada no Proxecto de Vida Activa e Deporte do colexio que pretende aumentar o tempo de actividade física en horario lectivo. Pasámolo xenial, moitas grazas Fran Trigo!

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebrou o 3 de decembro; onte tivemos a charla no auditorio de Ángel Torres, que practica parasnowboard (entre outros deportes). Fomos partícipes dunha historia de superación emocionante e aprendemos moitísimas cousas. Dende aquí querémoslle agradecer este xesto.

ACTIVIDADES DE NADAL

Comezamos coas actividades de Nadal! Esta mañá as nenas e nenos de infantil e primeiro ciclo foron no Chiquitren a visitar o Belén municipal. Tamén gozaron dunha entretida actuación do Apalpador.

OBRADOIRO OLIMPÍADAS

Seguindo cos obradoiros en Educación Infantil, esta vez amosamos o obradoiro sobre os Xogos Olímpicos. Os máis pequenos, coñeceron as medallas, o podio e fixeron dorsais. Tamén practicaron carreiras, saltos e lanzamentos de xavelina. Uns campións e campioas!

Distribuir contido


by Dr. Radut