O venres, o alumnado de primeiro realizou unha saída pola contorna, xa que están a traballar a nosa vila na aula. Visitaron a Torre do Cálago, o centro de saúde, a Casa Museo de Valle Inclán, o porto, a Biblioteca Municipal, o concello e a Policía Local. Na seguinte imaxe podedes ver unha mostra:
O 5 de outubro celébrase o Día Mundial da Parálise Cerebral. O alumnado de terceiro compartiu unha xornada de convivencia cos nenos/as do CEE Princesa Letizia. Fixeron unha morea de actividades: ensináronlles o noso colexio, xogaron no patio, merendaron xuntos, representaron a obra "Paco Papán", pintaron uns cadros coas iniciais deste día e regaláronlles uns marcapáxinas. Aquí podedes ver unha mostra dalgúns momentos da mañá:
O venres pasado realizouse a entrega de diplomas ao alumnado que se presentou ás probas de inglés de Cambridge, xa que somos centro colaborador. Estamos orgullosísimos co resultado, xa que foi moi positivo!
Este curso temos como novidade un calendario de merendas que será implantado tanto en infantil coma en primaria. O obxectivo é concienciar ao alumnado da importancia dunha alimentación saudable así coma do coidado do medio ambiente.
Onte demos comezo ao curso escolar 2023/2024 no que traballaremos como proxecto de centro os Xogos Olímpicos. Ademais, o alumnado pasouno xenial saltando nos inchables! Non hai mellor comezo que unha boa festa. Podedes ver unha mostra na seguinte imaxe: