O alumnado de 2º da ESO do IES a Basella visitou o noso colexio para lerlle uns contiños aos nosos nenos e nenas. Resultou ser unha actividade moi entretida e seguro que a repetiremos pronto!!
Coincidindo coa semana das Letras Galegas o Xulio Camba publica o seu libro titulado "Unha aventura de cine". Dende os máis cativos ata os maiores, todos e todas participaron neste conto que amosa as aventuras de Don Mexillón.
Esperamos que disfrutedes tanto coma nós durante a produción do mesmo!!
O alumnado de terceiro de Educación Primaria investigou sobre a Torre de Cálogo e elaborou este vídeo titulado "O tesouro á beira do mar". Con este vídeo participaron na convocatoria de Somos Rural: 1º Concurso Audiovisual.
O día 23 de abril celébrase o Día do Libro. Esta data foi elexida pola Unesco por coincidir co falecemento de dous grandes autores da historia da literatura como son Cervantes e Shakespeare.
Velaquí unha frase inspiradora dun gran escritor:
“Si piensas llegar a alguna parte en la vida, tienes que leer muchos libros.” Roald Dahl
Para celebrar no colexio este día realizamos varias actividades, tales como:
-Recopilación de fotos do noso alumnado lendo e creación dun libro xigante.
- Apadriñamento dos mais cativos do cole de Ed. Infantil ao alumnado de Ed. Primaria (Todo un éxito).
-Vídeo do noso alumnado falando dos seus libros favoritos.
- Creación dun libro cunha rosa vermella en Arts.
- Lecturas no patio. (Pincha na foto para ver o álbum).