Skip to Content

PROBAS CAMBRIDGE

Fai dúas semanas entregáronse os diplomas ao alumnado que se presentou ás probas de Cambridge e os seus resultados non puideron ser mellores. Noraboa a todos e todas!

Para visualizar as imaxes, pincha no seguinte enlace:

 

CURSO 2022-2023

Benvidos a este curso 2022-2023 no que traballaremos a temática do cine.

RECICLAXE

Os máis pequenos do Xulio Camba recibimos hoxe a visita de Lucía para falarnos da reciclaxe e da importancia da mesma para coidar o noso planeta.

Gustounos moito a visita e aprendimos a reciclar para aportar o noso graniño de area.

 

  

 

MIGALLAS

No Xulio Camba gústanos cantar e bailar!!

O alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria disfrutaron este luns dunha actuación de Migallas moi entretida.

  

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas 2022 ao escritor Florencio M. Delgado Gurriarán, pola súa contribución á defensa da nosa lingua e da nosa cultura.

No colexio elaboramos estos murais cun anaco do seu poema "A Señora Lúa"

MAIOS 2022

Pincha na imaxe para ver o vídeo

DÍA DO LIBRO

Os máis pequenos do colexio celebraron o Día do Libro elaborando uns marcapáxinas para empregar nas súas próximas lecturas.

 

Pincha na foto para ver o vídeo

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

Comunicámoslles que foron admitidas todas as solicitudes de admisión para o vindeiro curso.

A formalización da matrícula realizarase no mes de xuño. En canto teñamos instruccións informarémoslles.

 

TÍTERES: A XANELA DO MAXÍN

Como nos gusta pasalo ben!! Hoxe disfrutamos moito coa actuación de títeres A toupiña que quería saber... da Xanela do Maxín. 

 

 

Visita Científica

Hoxe tivemos unha visita especial en Ed. Infantil. Visitounos unha Científica para dar unhas charlas coincidindo coa conmemoración do 8M.

Gustounos moito a visita de Rula, unha bióloga que compartiu con nós o seu tempo explicándonos en que consiste o seu traballo e a importancia do mesmo. 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut