Skip to Content

Día das Letras Galegas

A Real Academia Galega acordou pospoñer Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero do domingo 17 de maio ao sábado 31 de outubro ante a situación provocada pola pandemia da COVID-19 , xusto un día despois do 110 aniversario do nacemento do homenaxeado. Malia os cambios no calendario queremos que o 17 de maio sexa un día de celebración e de divulgación da figura e da obra do filólogo, escritor e profesor Ricardo Carvalho Calero.

Deixámosvos uns enlaces con información e traballos sobre o escritor  

Seminario Galán

As pitas baixo a choiva

Xogo día das letras

 

 

Blog de Orientación

Blog de Orientación

Neste blog do departamento de Orientación aparecen recollidas pautas de afrontamento para reducir o impacto psicolóxico do confinamento por COVID-19, así como material de axuda emocional para Educación Infantil e Educación Primaria.

Día Mundial da Danza: no Salón con Pesdelán

Desde o o Salón Virtual non podiamos deixar de festexar unha data tan sinalada e fermosa como o Día Mundial da Danza, por iso falamos cos amigos de Pesdelán que se puxeron de seguida mans á obra... e tamén pés.

Este espectáculo deseñado en exclusiva emprega a linguaxe universal que é a danza para facer un percorrido polo baile tradicional galego pero tamén de Euskadi, Brasil ou Portugal e facer que as familias bailen xuntas e se movan nas súas casas.

Xiao Berlai na madolina, Roberto Grandal no acordeón, Rubén Montes na percusión, Belén Tajes na voz e Mercedes Prieto xunto con Montse Rivera como guías das danzas chegarán ás vosas casas polas canles habituais do salón (Facebook, Instagram, Youtube e o web www.salondolibro.gal) mañá mércores 29 ás 12:00h: a bailar con Pesdelán!

 

O cuco

Esta semana o cantautor lalinense Xosé Iglesias Buxán fíxonos un valioso agasallo.
Adicounos unha fermosa cantiga de Manuel María "O cuco".Con ela traenos ledicia e esperanza. El, coma o cuco, anúncianos a chegada do bo tempo, da primavera que enche de vida e cores a natureza e a nosa vida.
Agradecemos moito a Xosé este regalo.
Da súa parte e da nosa vai para vós con todo agarimo, agardando pronto poidamos estar xuntos de novo.

Esperamos que a aprendades e cantedes.

Premer aquí para ver o vídeo

 

 

Axudas comedor

Segundo a ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B). (DOG do 30 de marzo), as familias que dispoñan de beca de comedor (gratuidade total ou 1€) poderán solicitar unha compensación do custo diario do menú polos días lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

Estas solicitudes deben tramitalas as familias por vía electrónica na sede electrónica do portal da Xunta de Galicia pinchado aquí, a partir do día 31 de marzo e ata o 6 de abril (ambos incluídos). No caso de que non teñan coñecementos ou medios para facelo (Certificado dixital, DNIe, Chave 365) o equipo directivo axudará  ás familias nesta tramitación e terán que facilitar -por vía telefónica e/ou correo electrónico- os seguintes datos:

a) DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)
b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería
c) Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas
d) Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda

A atención telefónica ás familias será en horario de 10:00 h. a 13:00h no teléfono: 886 15 12 72

 

 

Ánimo xentiña do Golmar!

A Educación ten que ir moito máis alá de contidos, estándares de aprendizaxe ou instrumentos de avaliación. A dimensión humana que acada, queda en ocasións eclipsada por cuestións técnicas e burocráticas, pero o contacto diario co alumnado, a convivencia e a interacción entre todos os membros da comunidade educativa agocha o verdadeiro valor do traballo que se leva a cabo nas escolas.

No CEIP Xesús Golmar somos moi conscientes e por iso, nestes intres de incertidume, de preocupación, de tensión e de desasosego, queremos dicirlle aos máis cativos, as nenas e nenos do centro, canto os botamos de menos e o importantes que son para nós. Todos xuntos formamos parte desta gran familia do Golmar e cremos na importancia das emocións e os sentimientos como motor fundamental para calquer outra aprendizaxe.

Na distancia, a través deste vídeo, amosámoslle o lugar tan destacado que ocupan no noso corazón, para que desta emoción xurda a forza necesaria para toda a sociedade e que xuntos superemos esta crise, da que sairemos reforzados en valores tan importantes como a solidaridade, a empatía, a responsabilidade colectiva ou a bondade, valores dos que tanto falamos sempre pero que agora adquiren vida en cada xesto, en cada palabra e en cada sorriso.

Novas instrucións en relación co COVID-19

O CENTRO PERMANECERÁ PECHADO AO PÚBLICO MENTRES DURE O ESTADO DE ALARMA

 

PARA INFORMACIÓN OU CONSULTAS SERÁN ATENDIDOS NOS SEGUINTES MEDIOS:

TELÉFONO:  886 15 12 72 (DE 10:00H. A 13:00H.)

EMAIL: ceip.xesus.golmar@edu.xunta.es

 

Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Resolución de 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería da Presidencia, Administración Públicas e Xustiza da Comunidad Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución do COVID-19.

 

PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

 

Durante a situación de emerxencia publicaranse nesta páxina web e/ou por TokApp as tarefas que poderá facer o alumnado

 

Proposta de actividades

 

4º INFANTIL

Primeira semana

Segunda semana

Terceira semana

Cuarta semana

Quinta semana  Conto  Actividades

Sexta semana

Sétima semana  (1)  (2)

Oitava semana  (1)  (2)

Novena semana  (1)  (2)

Décima semana  (1)  (2)

Undécima semana  (1)  (2) 

Duodécima semana  (1)  (2)

5º INFANTIL https://mandilonvermello.blogspot.com/
6º INFANTIL https://petronilapimenton.blogspot.com/
PSICOMOTRICIDADE https://psicomotricidadeconcalimero.blogspot.com/
MÚSICA INFANTIL

Quinta semana

Sexta semana

Sétima semana

Oitava semana

Novena semana

Décima semana

Undécima semana

Carta de despedida

1º EP https://rmaxico.blogspot.com/
2º EP Actividades
3º EP http://amestraisabel.blogspot.com/
4º EP http://noutrosrecantos.blogspot.com/
5º EP Actividades
6º EP https://bulebulenaescola.blogspot.com/
MÚSICA http://aulaluisarean.com/
PT E AL http://aulasptealxesusgolmar.blogspot.com/
ORIENTACIÓN https://orientacionxesusgolmar.blogspot.com/
RELIXIÓN

Primeira semana                                          

Segunda semana                           6º

Terceira semana                          

Cuarta semana                        4º          

Quinta semana                        4º        

Sexta semana                               

Sétima semana                              

Oitava semana                                  

Novena semana                                

Décima semana                        5º     6º

Undécima semana                    5º     6º

Duodécima semana                           

Décimo terceira semana             

INGLÉS

Infantil

Week 1                        Activity book     

Week 2        (Carta ás familias)               

Week 3                   Corrections        Corrections   

Week 4            Corrections     Corrections       Corrections     

Week 5                   Corrections        Corrections   

Week 6                   Corrections       Corrections   

Week 7                   Corrections            

Week 8            Corrections      Corrections      Corrections   

Week 9                        Corrections   

Week 10                Corrections        Corrections   

Week 11                Corrections        Corrections     

Week 12                               

 

E. FÍSICA

Nota informativa

Clan tv  Mércores 1º e 2º de 9 a 10h  3º e 4º de 10 a 11h   5º e 6º de 11 a 12h

Estiramentos - Pasos hip hop - Ioga 1 - Ioga 2 - Zumba kids. Minions

Zumba kids. Despacito - Zumba kids. Ventilador - Oca de E.F- Oca de EF 2

Actividades de ritmo e coordinación: 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Varios: 1 2 3 4 5 Re

Hip hop  Zumba Zumba 2

Actividades

Actividades 2

  Outros recursos na rede: 

     Aprendemos en casa (Ministerio de Educación e Formación Profesional e a RTVE)

     Clan

     Os contos do camiño

     Aulas Galegas

 

Día de Rosalía

Celebramos o 183 aniversario da muller máis relevante da literatura galega do século XX cun festival no que se cantaron e recitaron diversos poemas da escritora.

(Premer na imaxe para ver fotos do festival)

Desde o Ceip Xesús Golmar queremos dar as grazas ao grupo Habelas Hainas por permitirnos empregar a imaxe do seu derradeiro disco Livres e Loucas para facer as chapas que tódolos nenos e nenas luciron no festival.

 

 

Entroido 2020

                                     Premer na imaxe para ver as fotos

Porc-Art do Golmar

Con motivo da Feira do Cocido e a celebración do entroido, cada aula decorou un porquiño dentro dunha variada temática a escoller como elementos da cultura popular, refráns, palabras... así como distintos persoeiros.

Están expostos na entrada principal do centro.

 


Día da Paz

O CEIP Xesús Golmar celebrou o día 30 de xaneiro o Día da Paz cun concerto no Auditorio de Lalín.
Senén Vaamonde presentou a reedición dos discos de Suso Vaamonde. O alumnado coreou as melodías que interpretaron Manuel Dopico e Alfredo Dourado lembrando aos poetas Neira Vilas, Manuel María e Celso Emilio Ferreiro.

Festival de Nadal

Para ver en pantalla completa premer en youtube e despois en pantalla completa

Distribuir contido


by Dr. Radut