Skip to Content

Ánimo xentiña do Golmar!

A Educación ten que ir moito máis alá de contidos, estándares de aprendizaxe ou instrumentos de avaliación. A dimensión humana que acada, queda en ocasións eclipsada por cuestións técnicas e burocráticas, pero o contacto diario co alumnado, a convivencia e a interacción entre todos os membros da comunidade educativa agocha o verdadeiro valor do traballo que se leva a cabo nas escolas.

No CEIP Xesús Golmar somos moi conscientes e por iso, nestes intres de incertidume, de preocupación, de tensión e de desasosego, queremos dicirlle aos máis cativos, as nenas e nenos do centro, canto os botamos de menos e o importantes que son para nós. Todos xuntos formamos parte desta gran familia do Golmar e cremos na importancia das emocións e os sentimientos como motor fundamental para calquer outra aprendizaxe.

Na distancia, a través deste vídeo, amosámoslle o lugar tan destacado que ocupan no noso corazón, para que desta emoción xurda a forza necesaria para toda a sociedade e que xuntos superemos esta crise, da que sairemos reforzados en valores tan importantes como a solidaridade, a empatía, a responsabilidade colectiva ou a bondade, valores dos que tanto falamos sempre pero que agora adquiren vida en cada xesto, en cada palabra e en cada sorriso.



page | by Dr. Radut