Skip to Content

Xeral

Inauguración do Salón de Actos Paco Lareo

                                  


O CEIP Xesús Golmar realizou este xoves 16 de maio un acto homenaxe a Paco Lareo, dándolle o seu nome ao salón de actos do colexio, contribuíndo deste xeito  a manter viva a figura deste polifacético artista.


Con este motivo celebrouse un festival no que contamos coa presencia da irmá de Paco, Carmen Lareo, sendo agasallada coa interpretación do cadro de Paco, "As rosas do gaiterio de Piloño",  na que participou todo o centro, cada flor representa unha aula, sendo a mestra María José Golmar xunto co seu alumnado os que pintaron a base do mesmo.


                                 


                                        


                               


 


                                                

Homenaxe a Paco Lareo

Dous preciosos videos renden homenaxe á figura de Paco Lareo.

O primeiro foi realizado polo mestre deste centro Alejandro Piñeiro Rodríguez, que fixo un marabilloso traballo ao mesturar as súas magníficas fotografías xunto cunha estupenda música pertencente ao grupo Dhais, do cal formou parte o músico lalinense Luís Areán gran amigo de Paco Lareo, e que como lembraredes, tamén forma parte do noso centro xa que a aula de música leva o seu nome Aula Luís Areán

 

O segundo vídeo foi editado pola Asociación Cultural Vello dos Cornos de Merza.

Noraboa polo gran traballo feito!!!

Paco Lareo. Fotos

 

Dende o Ceip Xesús Golmar quixemos render unha homenaxe á figura de Paco Lareo cunhas fotografías sobre él, e cunha reprodución de algunhas das súas obras, feitas polo alumnado do centro. Pinchade nas imaxes para velas

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut