Skip to Content

Libro Viaxeiro

O alumnado de infantil e primaria participou na creación do libro viaxeiro. Entre todos construiron e ilustraron a historia sobre unha Xela aventureira...

AXUDAS PARA OS LIBROS DE TEXTO

Segundo a Orde de 6 de maio de 2021, (DOG n. 93,  do 20 de maio de 2021), todo o alumnado de Educación Primaria poderá presentar a solicitude para a adquisición dos libros de texto e material escolar.
 
            Prazo de presentación das solicitudes será do 21 de maio ata o 22 de xuño (este incluído).
 
            A instancia estará dispoñible no portal educativo, no enderezo: http://www.edu.xunta.gal, na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.,xunta.gal , nas xefaturas territoriais da Consellería de Educación e na Secretaría do Centro.
 
            Os datos para o baremo a ter en conta serán os da Declaración da Renda do 2019, e haberá que adxuntar  orixinal e copia do libro de familia e se a situación familiar é distinta á reflectida no libro, terá que presentar tamén: Sentenza xudicial de divorcio, certificado de convivencia ou informe de servizos sociais que acredite a situación familiar.
 
            No Art. 9, apartado 3 da citada Orde, di: “AS SOLICITUDES presentaranse preferiblemente POR VÍA ELECTRONICA no formulario normalizado (Anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
 
            O alumnado de 6º de Educación Primaria terá que presentar a solicitude no IES que estea admitido. Se aínda non está admitido deberá presentala no Centro en que estivese matriculado no curso 2020/2021.
 
            Mais información no teléfono 886 15 12 72 ou na Secretaría do Centro.

Publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2021/2022

Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2021/2022. 

Póden consultalas no taboleiro de anuncios do centro.

Tamén son accesibles para a cidadanía con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365, a través do menú SOLICITUDES > AS MIÑAS SOLICITUDES.

Lémbrase que cada persoa, pode ver o estado da súa solicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISIÓN > RECUPERAR.

 

 

Día das Letras Galegas 2021

Xela Arias

                                            “O idioma é o principal signo dunha cultura”

Quere iso dicir que un pobo que se alonxa do seu idioma alónxase da súa cultura.

Quere iso dicir que a un pobo ó que alonxan do seu idioma alónxano da súa cultura.

Quere iso dicir que Galicia ten aínda hoxe os seus mitos, a súa tradición sen resolver

            porque ten aínda sen resolve-la aceptación do seu propio idioma.

"De certo, a vida ía en serio"

Intempériome. Xela Arias

Xela Arias

 

                             

24 de febreiro, Día de Rosalía

 

Cada ano o 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, a escritora galega máis representativa da nosa literatura.

Estas son algunas das tarefas que organizamos a través das que queremos difundir a obra de Rosalía e recoñecer a súa aportación en prol da lingua galega.

Exposicion de “ as caras de Rosalía”.

Esta é a nosa exposición dos debuxos feitos polos nenos e nenas de educación Infantil e Primaria da cara da nosa escritora .

 

Este ano o festival adicado a nosa escritora celebrámolo de forma virtual. Son vídeos de poemas recitados polos nenos e nenas de diferentes cursos que queremos compartir coa comunidade educativa.

 

 

 

 

ADICADO Á NOSA COMPAÑEIRA CHARO GOLMAR

A  nosa compañeira Charo  Golmar  ainda que  se xubilou este curso e non a temos  no colexio, segue mantendo viva a ilusión polo contacto cos nenos e as gañas de iluminarnos o camiño coa beleza das súas palabras e a poesía.
Como agradecemento  por adicarlle un mes do noso calendario quérenos agasalllar cunhas verbas moi fermosas e emotivas coas que nos convida a  seguir  viaxando coa maxia da lectura.


 

O Meco

Esta semana celebraremos o entroido, realizando a actividade do MECO. Cada día viremos disfrazados de maneira diferente. Enviamos as ordes e as normas a seguir.

Admisión de alumnado para o curso 2021-2022

Publicada a ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG 22/12/2020)

Prazos:

- Reserva de praza para alumnado de centros adscritos (IES Ramón Mª Aller Ulloa): do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2021.

- Admisión para alumnado de centros non adscritos: do 1 ao 20 de marzo de 2021.

Todo o alumnado que non desexe solicitar praza no IES Ramón Mª Aller Ulloa deberá presentar a renuncia no CEIP Xesús Golmar antes do 8 de febreiro.

Bo Nadal!!!

A comunidade educativa do CEIP Xesús Golmar quérevos desexar un bo Nadal e un moi feliz ano 2021. Desde esta familia que formamos na escola desexamos que toda a emoción destos días se traslade ao resto do ano e que valores como a bondade, a comprensión, a empatía, a ilusión, a ledicia, a solidariedade, a tolerancia ou a xenerosidade non sexan exclusivos das datas que agora festexamos, senón que o Nadal se convirta nunha actitude que preconicemos con cada xesto independentemente da época na que nos atopemos.
 
Que os sorrisos trascendan das mascarillas e que os vosos ollos eleven con sinceridade e agarimo a felicidade e a maxia que xermola no voso interior para facer deste recuncho do universo un lugar moito mellor!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut