O CEIP Xesús Golmar de Lalín acolleu na mañá do día 11 de decembro, o acto de presentación do libro "Doa, doa,...avoa" do escritor Xosé Manuel Lobato, que conta con ilustracións de Heitor Picallo.
Os nenos e nenas de 3º e 4º de EP escoitaron atentamente todas as explicacións que os autores lles deron sobre o proceso de creación do libro, a técnica empregada na realización das acuarelas e o significado dos poemas. O alumnado ilusionado escribiu, ilustrou, leu poemas.Os escritores asinaron exemplares e poemas.