A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando as XV XORNADAS DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos.
Dirixímonos a vostedes para solicitarlles a súa colaboración na difusión, entre a comunidade educativa dos centros, as persoas socias da ANPA, as familias e profesorado, desta actividade formativa destinada a sensibilizar ás familias e ao público en xeral na educación en igualdade e prevención da violencia de xénero.
Xuntamos o programa das xornadas. Tamén contaremos cun servizo de atención a menores baixo petición, para atender aos cativos e ás cativas entre 12 meses e 10 anos.
Para intentar facilitar a asistencia ás familias e profesorado esta actividade formativa celebrarase nas catro provincias nas seguintes datas:
· A CORUÑA | 31 DE MAIO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n).
· LUGO | 1 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Ronda da Muralla, 70).
· PONTEVEDRA | 7 DE XUÑO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida Fernández Ladreda, 43).
· OURENSE | 8 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida da Habana, 79)
A Secretaría Xeral da Igualdade estará a súa disposición para toda a información que requira, no enderezo electrónico xornadas.igualdade@xunta.es e nos teléfonos 981 545360/ 981 545312. Achegámoslle o cartel e folleto informativo onde figura o programa e os datos do formulario de inscrición, que tamén se atopan dispoñibles na nosa páxina web http://igualdade.xunta.es/