Vense de publicar o libro do VI Certame de Relato Curto, que recolle e acolle as verbas e ilusións de moitos participantes desde primaria ata o bacharelato, incluindo tamén a categoría para adultos.
As palabras xorden inquedas de seu e agasallan co seu casorio momentos e desexos, sentimentos e emocións.
Como noutras convocatorias anteriores, varios alumnos e mestres do noso centro participaron xogando coas palabras e amosando con claridade o seu singular xeito de narrar.
Os nosos parabéns aos finalistas do CEIP Xesús Golmar: Sabela Ferradás Rodríguez, Noela Mato López, María Pichel Gómez e ao mestre Alejandro Piñeiro Rodríguez por transmitir a vosa paixón polas letras e o recendo de creatividade que agroma dos seus relatos.
(Premer nos relatos para amplialos)