Skip to Content

VISITA DE CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN

O vindeiro 14 de abril visitará o noso centro o poeta e contacontos Celso Fernández  Sanmartín, que nos agasallará con algunhas das súas mellores historias. Licenciado en filosofía, é autor de varios libros e un  dos mellores contacontos da nosa terra.
Agardámoste impacientes.

AULAS DA NATUREZA 2010

Está aberto o prazo para participar no programa de integración "Aulas da Natureza 2010.

O prazo para a  presentación de solicitudes remata o día 26 de marzo.

Recordamos que só pode participar o alumnado comprendido entre os 11 e os 13 anos de idade

SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

  A partir do día 1 de marzo e ata o día 6 de abril, estará aberto o prazo de solicitude e admisión do novo alumnado para o vindeiro curso 2010/2011. Nados no ano 2007.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Solicitude de ingreso (facilitarase impreso no Centro).
  • Informe médico (facilitarase impreso no Centro).
  • Ficha avaliación inicial (facilitarase impreso no Centro).
  • Presentación do Libro de Familia ou Partida de Nacemento.
  • Fococopia da tarxeta da Seguridade Social, MUFACE, ISFAS,...etc.           
  • Dúas fotografías actuais de tamaño carné.
  • Fotocopia D.N.I. Pai e Nai.
  • Folla de empadroamento.


 

ALERTA POR TEMPORAL

   Segundo instruccións da Consellería de Educación quedan suspendidas todas as actividades ao airelibre nos centros educativos durante os días 24 e 25. Non se suspenden, de momento, as clases.

    Pregamos aos pais e nais que que presten a máxima atención aos medios de comunicación sobre calquera noticia relativa a a alerta por temporal.

    Cabe a posibilidade de que algún transporte non poida realizar a súa ruta.

ACTIVIDADES DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

Veñen de ser convocadas as axudas para realizar actividades de inmersión lingüística. En Educación Primaria van dirixidas ao alumnado de 6º curso.
 
E requisito imprescindible, entre outros, ter acadado, no curso 2008/2009, unha cualificación mínima de ben. A Orde da convocatoria foi publicada no DOG do xoves, 11 de febreiro de 2010.
 
As solicitudes deberán de cubrirse a través da aplicación dispoñible dende a páxina Web, pódese acceder dende aquí, http://www.edu.xunta.es/axudasle 

ENTROIDO 2010

        De novo estamos a preparar  o desfile de Entroido.  Este ano versará sobre a literatura infantil; un mundo cheo de fantasía e ilusión que nos acompañará  moito mais alá da infancia.

        Dende o centro animamos a toda a comunidade educativa a participar con nós no desfile o vindeiro mércores día 10 ás 15:45  horas.

        Agardamos a vosa presenza.

Dende Lalín ata Extremadura

"Da terra de Lalín, saíron dous carballiños acubillados en robustas botas.

E ata Extremadura chegaron!!

Os raparigos e mociñas de 6ºC, con moita ledicia , aos compañeiros
de Socuéllamos e Bellcaire d'Urgell llos entregamos como símbolo desa
amizade xurdida nesa marabillosa semana que pasamos xuntos. Que medren
moito!!

           

Ah, creo que imos a ter máis sorpresas!!!

Se queres ver máis sobre esta viaxe pincha aquí

 

Escolas viaxeiras

Un grupo de alumnos de 6ºC acompañados da súa titora Pilar Riádigos
Balado, participará no programa escolas viaxeiras que se celebrará en
Extremadura. Partirán o vindeiro 22 de novembro e alí convivirán xunto
con outros dous colexios, un de Cidade Real e outro de Lleida, cos
cales compartiran experiencias e coñecementos sobre esta fermosa
comunidade. O regreso será o 28 de novembro.

Boa viaxe e pasadeo moi ben!!! 

Díptico

Visita o díptico do curso 2009-2010 pinchando nel.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut