Skip to Content

Día da árbore

Con motivo do día da árbore, dúas sobreiras cedidas moi amablemente pola Consellería de Medio Rural, foron plantadas no novo patio do Ceip Xesús Golmar polo Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria D. Jesús Vázquez e polo alcalde de Lalin D. José Crespo en colaboración co alumnado do centro.

De seguido a alumna Lucía Abeledo e o alumno Guillermo Fernández, ambos de 5º curso deron lectura ao manifesto.

                        "Respectar a natureza é respectar a vida"

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS

Veñen de ser convocadas as axudas para ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS.

Poderán ser solicitadas polas alumnas e os alumnos que cursen 6º de EP. Orde do 8 de marzo de 2011 (DOG 11-03)

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 12 de marzo e remata o día 12 de abril.

http://www.edu.xunta.es/axudasle.

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina we

A Orde estará exposta no taoboleiro de anuncios do centro,

Entroido 2011

   

Riscos en internet

O alumnado de 5º e 6º curso ven de participar nunha charla-coloquio sobre os riscos en internet impartida polo cabo 1º da policía xudicial de Lalín.

As rapazas e rapaces moi interesados no tema, participaron activamente.

Debido á súa importancia, para o vindeiro curso seguiremos a ofrecer estas charlas enmarcadas dentro do II Plan Director para a Convivencia e mellora da Seguridade Escolar que tamén se fará extensible ás nais e pais do alumnado do centro se así o desexan.

Entroido 2011

 

Como ven sendo costume, o mércores 2 de marzo pola tarde, ás 16 horas celebraremos o tradicional desfile de comparsas polas rúas de Lalín que este ano terá como lema "A vida na fraga".

Convidamos a todas aquelas persoas que o desexen a participar connosco no desfile. 

A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE EN EDUCACIÓN INFANTIL

O vindeiro mércores día 23 de febreiro o mestre de Audición e Linguaxe, Ramón García Cordovés, impatirá unha charla sobre a estimulación  da linguaxe en infantil e prevención de posibles alteracións.

É unha actividade dirixida ás nais e pais de Educación Infantil que se levará a cabo no Salón de Actos do centro.

NORABOA AS NOSAS CAMPIONAS E AO NOSO CAMPIÓN

Ven de celebrarse a competición de deporte escolar na que participou o noso centro con grande éxito.

O noso alumado está enchido de orgullo polos premios acadados. 

NA CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS RESULTARON GAÑADORAS NA MODALIDADE DE CAMPO A TRAVÉS:


O EQUIPO INFANTIL FEMININO E O EQUIPO ALEVÍN FEMININO


NA CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL, MODALIDADE BENXAMÍN FEMININO


ANDREA CARBALLUDE BELEDA : TERCEIRA CLASIFICADA.


NA MODALIDADE ALEVÍN MASCULINO


JOSÉ LUIS GONZÁLEZ SILVA: PRIMEIRO CLASIFICADO


 

 

Felices Festas

A Dirección e o Claustro de profesorado do CEIP Xesús Golmar

deséxalles a toda a Comunidade Educativa unhas felices festas

Postal gañadora do concurso de postais navideñas

 

25 DE NOVEMBRO “DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA ÁS MULLERES”

O 25N é a data elixida para conmemorar o “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra ás Mulleres”

Desde o Ceip Xesús Golmar quixémonos sumar á causa elaborando un mural entre tódolos nenos e nenas e coa lectura dun manifesto diante do concello.

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

A partir de hoxe e ata o día 12 de xullo en horario de 9:30 a 11:30 horas, ou ben do 1 ao 9 de setembro están a vosa disposición os vales para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico para o alumnado matriculado en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria.

O vale deberá ser recollido pola nai. pai, titores/as ou persoa autorizada. É obrigatorio presentar o DNI.

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NEAE

Ata o 30 de xuño está aberto o prazo de solicitude de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Na secretaría do Centro facilitaráselle toda a información necesaria.

Tamén pode obter toda a información na páxina web do Ministerio de Educación, https://sede.educacion.gob.es

AXUDAS LIBROS DE TEXTO

Ata o trinta de xuño está aberto o prazo de solicitude de axudas para a adquicisión de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado que no curso escolar 2010-2011, curse estudos de 1º,  2º, 5º e 6º. (DOG do 31 de maio de 2010).

Poderán descargar os impresos, en formato pdf, do portal educativo no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es, ligazón: gratuidade solidaria de libros de texto

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O venres o alumnado de Educación Infantil celebrou no auditorio o festival das Letras Galegas. O alumnado de tres anos participaba por primeira vez no festival comportándose como auténticos expertos cantando e bailando. As alumnas e os alumnos de catro e cinco anos representaron pequenas obras e tamén cantaron e bailaron mostrando as súas mellores dotes interpretativas. Noraboa as profesoras polo traballo, o esforzo e dedicación e as nenas e aos nenos de infantil por despertar en nos a ilusión e a alegría. Mencíón especial para a presentadora pola súa labor creativa e interpretativa  que sempre deixa cautivada a toda a comunidade educativa.

Maña tamén no auditorio a partir das 10:15 horas, terá lugar o fetival de Educación Primaria agardamos con entusiasmo as vosas actuacións. Moita sorte . 

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO

Xa se coñecen os resultados da avaliación de diagnóstico que se realizou en tódolos centos da comunidade autónoma de Galicia en outubro de 2009. Este curso aplicouse ás competencias matemática e lingüística.

Os resultados obtidos en competencia matemática acadan unha puntuación directa de 10,4 puntos, e unha puntuación transformada de 519 puntos, o que nos situa por riba da media, tendo en conta que a media de Galicia é de 500 puntos, e a do grupo ISEC ao que pertenecemos, é de 497 puntos.

No referente ao noso centro consideramos que os resultados son moi positivos e, por suposto mellorables.

No que se refire á competencia lingüística, a puntuación directa é de 13,4 puntos e a transformada é de 494, sendo e a do grupo ISEC de 497. Polo que nos atopamos ao nivel da media galega.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut