Skip to Content

Riscos en internet

O alumnado de 5º e 6º curso ven de participar nunha charla-coloquio sobre os riscos en internet impartida polo cabo 1º da policía xudicial de Lalín.

As rapazas e rapaces moi interesados no tema, participaron activamente.

Debido á súa importancia, para o vindeiro curso seguiremos a ofrecer estas charlas enmarcadas dentro do II Plan Director para a Convivencia e mellora da Seguridade Escolar que tamén se fará extensible ás nais e pais do alumnado do centro se así o desexan.



page | by Dr. Radut