Skip to Content

Charla sobre os perigos de internet e as redes sociais

Click na imaxe para ver a información

Contra a violencia!!!!

                                

      

 

Guía de lecturas para o verán

Pinchade na imaxe para ver a guía de lectura

Premio Prensa-Escuela para 3º C

O pasado sábado 1 de xuño o alumnado de 3ºC foi galardonado co segundo premio Prensa-Escuela ao mellor blog 2012-2013 na festa da 16ª edición de Voz Natura celebrada en Acea de Ama (A Coruña) por A cova das curiosidades.

Noraboa aos rapaces e á súa mestra Belén polo premio e polo traballo feito.

                                                                                                 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO. CURSO 2013/2014

O prazo de presentación de solicitudes para o alumnado de educación primaria, é do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive. (DOG. 31/05/2013)

As solicitudes entregaranse na secretaría do centro en horario de 9:10 a 13:15 horas.

Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna, de xeito que se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, deberá presentar unha solicitude para cada un deles, xa sexa no mesmo ou en distinto centro.

 Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivesen matriculadas con anterioridade nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia,  o prazo será de un mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2014.

Poderán descargar os impresos, en formato pdf, do portal educativo no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es, ligazón: gratuidade solidaria de libros de texto

Inauguración do Salón de Actos Paco Lareo

                                  


O CEIP Xesús Golmar realizou este xoves 16 de maio un acto homenaxe a Paco Lareo, dándolle o seu nome ao salón de actos do colexio, contribuíndo deste xeito  a manter viva a figura deste polifacético artista.


Con este motivo celebrouse un festival no que contamos coa presencia da irmá de Paco, Carmen Lareo, sendo agasallada coa interpretación do cadro de Paco, "As rosas do gaiterio de Piloño",  na que participou todo o centro, cada flor representa unha aula, sendo a mestra María José Golmar xunto co seu alumnado os que pintaron a base do mesmo.


                                 


                                        


                               


 


                                                

Homenaxe a Paco Lareo

Dous preciosos videos renden homenaxe á figura de Paco Lareo.

O primeiro foi realizado polo mestre deste centro Alejandro Piñeiro Rodríguez, que fixo un marabilloso traballo ao mesturar as súas magníficas fotografías xunto cunha estupenda música pertencente ao grupo Dhais, do cal formou parte o músico lalinense Luís Areán gran amigo de Paco Lareo, e que como lembraredes, tamén forma parte do noso centro xa que a aula de música leva o seu nome Aula Luís Areán

 

O segundo vídeo foi editado pola Asociación Cultural Vello dos Cornos de Merza.

Noraboa polo gran traballo feito!!!

Roberto Vidal Bolaño

Para afondar máis na figura de Roberto Vidal Bolaño podedes pinchar nas seguintes ligazóns

Material divulgativo sobre Roberto Vidal Bolaño

Material audiovisual da CRTVG

Video dos alumn@s de 6º de Primaria do CEIP Felipe de Castro de Noia elaborando un cartaz sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013

Actividade realizada polo alumnado de Infantil e Específica do CEIP Felipe de Castro para fomentar o uso da nosa lingua.

Ademáis o CDG elaborou un caderno pedagóxico, do que é autora Montse Pena (Gálix), para o traballo dos profesores e alumnado como complemento da súa formación. Dito caderno afonda tanto no texto coma na montaxe, prestando unha especial atención ás características do teatro de Vidal Bolaño que se observan nesta peza: a querencia polos personaxes achegados á marxinalidade, a relación da súa escrita con outras artes –nomeadamente o cinema–, a intensidade da construción dos seus diálogos, o seu subtil simbolismo, etc. Así mesmo, esta guía didáctica permite aos docentes realizar un traballo previo na aula, ao centrarse en conceptos fundamentais do xénero teatral, na produción do autor na súa época e en aspectos centrais deste texto, como a súa ambientación no Camiño de Santiago

Días sen gloria

Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!

O vindeiro día 24 de febreiro, coincidindo co aniversario de Rosalía de Castro celebrarase o día da poesía, ainda que no colexio se celebrará o venres 22.

A Fundación Manuel María de Estudos Galegos elaborou uns materiais os cales poderedes ver pinchando nas imaxes.

Trátase dunha exposición sobre Rosalía, Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!.

Ademáis tamén poderedes ver unha unidade didáctica e un vídeo sobre a escritora 

 

Unidade didáctica:

 

Video



O Entroido na provincia de Pontevedra

Este curso o alumnado do noso centro fai un estudo das figuras máis representativas do Entroido da provincia de Pontevedra.

XENERAIS DA ULLA

A comarca natural da Ulla posúe un orixinal entroido rural do que temos testemuños dende mediados do século XIX.
Os personaxes máis importantes son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun “exército” de abandeirados, coros, comparsas e parrandas.
Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón, acontecidos durante o ano.
Dunha parroquia a outra o Entroido da Ulla presenta pequenas diferenzas, mantendo cada un deles trazos definitorios que os fan únicos.
Xenerais e correos engalanados conforman a espectacularidade desta auténtica expresión do entroido tradicional galego.

 

MADAMA DE COBRES VILABOA
As orixes do Entroido desta parroquia situada na ría de Vigo remóntanse ata o século XVIII. Aquí, madamas e galáns (mulleres e homes vestidos de branco) e aldeáns representan distintas posicións económicas e roles sociais, tanto mediante as súas vestimentas como pola posición que ocupan nos pases, bailes e exhibicións. Madamas e galáns, moi rechamantes polos seus suntuosos sombreiros e a súa pulcra vestimenta, ocupan a posición social máis elevada, mentres que os aldeáns representan o último elo da cadea e o grupo maioritario. Todos, iso si, van neste Entroido a cara descuberta.
De sábado a martes, durante todo o día as madamas e galáns percorren distintos lugares das parroquias de Santa Cristina e Santo Adrán, acompañados por unha charanga, e agasallan aos presentes cos seus bailes, entre eles a popular Danza dos Cobres.
O día grande é o martes, cando pola tarde teñen lugar antigos xogos populares, como o da “corrida do galo” –con rituais cargados de simbolismo–, o “galo no río” ou o “galo na vara”, nos que participa toda a mocidade do lugar.

 

CACHARELOS DE LALÍN

Teñen o seu orixe no barrio da Cacharela en Lalín son quizais a figura de Entroido máis recente, xa que se comezaron a elaborar tan só fai seis anos.
A súa creación fai honra ao nome do barrio representando o seu traxe, coas cores vermella, amarela e negra, as chamas dunha cacharela. 
A careta ten a súa orixe nos cadros de Laxeiro, concretamente no MASCARÓN,  debendo ser  elaborada individualmente para cada Cacharelo.
A nosa noraboa por esta iniciativa á que lle desexamos longa vida e mellor fortuna, agardando que sexa dentro de pouco unha referencia no Entroido de Galicia

Zonificación

Pinchar nas imaxes para ver o contido

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut