Skip to Content

Entroido 2024

(Premer na imaxe para máis fotos)

Entroido 2024

(Premer na imaxe)

Aldeas de nadal

Os nenos e nenas de Educación Infantil fixeron as súas Aldeas de Nadal.
Empregando material de refugallo e con moita imaxinación e, sobre todo ilusión, cada clase fixo a súa casiña.
"Aldea Lambeta" é o recuncho máxico onde seguro todos os nosos soños faranse realidade.

(Premer na imaxe para ver máis fotos)

Presentación do conto “Alma do Nadal” de Charo Golmar no CEIP Xesús Golmar de Lalín

A autora do libro “Alma de Nadal”, Charo Golmar, visitou o martes o colexio para contarlles ao alumnado do centro o seu conto ambientado no Nadal e nas “casiñas do Nadal” de Lalín.
E que mellor lugar para a lectura que a nosa “aldea lambeta”, a pequena vila formada por nove vivendas, construídas polo alumnado e profesorado de Infantil.


 

Festival fin de curso EI

O 16 de xuño de 2023 o alumnado de 6º de Educación Infantil celebrou o seu tradicional Festival de Fin de Curso. Nun ambiente moi familiar, as nenas e nenos fixeron as delicias dos presentes coas súas actuacións derrochando ledicia e ilusión.

Festival fin de curso EP

O alumnado de 6º de Primaria organizou un Festival de Fin de Curso o 19 de xuño de 2023 que servíu tamén como acto de graduación. Foi un evento moi emotivo no cal os sentimentos e as lembranzas protagonizaron cada unha das palabras e xestos.

Revista San Martiño 2023

 

Xa está dispoñible un novo número da revista San Martiño!!!

Desexamos que vos guste

A escritora Charo Golmar e a ilustradora Olaya Naveira visitan o CEIP Xesús Golmar.

O martes 13, presentouse no noso Centro o libro "No bico do vento" de Charo Golmar, ilustrado por Olaya Naveira.

Charo Golmar foi unha mestra moi querida neste cole, e xa xubilada, descubrimos unha nova faceta dela, agora tamén é escritora.

Polo de agora ten publicados dous libros: “ Nobelo de Luz” e “No bico do vento”, e queremos e agardamos poder ler dela moitos máis . Charo non deixes de escribir!

Olaya Naveira é diseñadora gráfica e ilustradora de libros.

Ela dí que debuxar é como un deporte, canto máis practiques, mellor serás.

Falaron  sobre o proceso creativo da arte de escribir  e como facerlle as ilustracións  a un libro…

Rematamos coa realización dun gran mural por parte do alumnado  e coa axuda de Olaya.


Distribuir contido


by Dr. Radut