O martes 13, presentouse no noso Centro o libro "No bico do vento" de Charo Golmar, ilustrado por Olaya Naveira.
Charo Golmar foi unha mestra moi querida neste cole, e xa xubilada, descubrimos unha nova faceta dela, agora tamén é escritora.
Polo de agora ten publicados dous libros: “ Nobelo de Luz” e “No bico do vento”, e queremos e agardamos poder ler dela moitos máis . Charo non deixes de escribir!
Olaya Naveira é diseñadora gráfica e ilustradora de libros.
Ela dí que debuxar é como un deporte, canto máis practiques, mellor serás.
Falaron sobre o proceso creativo da arte de escribir e como facerlle as ilustracións a un libro…
Rematamos coa realización dun gran mural por parte do alumnado e coa axuda de Olaya.