Desde o CEIP Xesús Golmar quixemos organizar un emotivo acto en torno á figura do mestre, xornalista e alcalde republicano que dá nome ao centro. Ademais presentouse una caricatura con el de protagonista, obra do ilustrador Héitor Picallo, que será empregada como imaxe corporativa do colexio. Contamos coa participación do propio autor, xunto con Charo Golmar, ata fai pouco tempo mestra deste centro e filla do político lalinense, que mostrou emocionada a súa gratitude polo recordo constante ao seu pai expoñendo ademais detalles de outro logotipo creado por Paco Lareo, no que se describen mediante múltiples simbolismos a figura de Golmar. Tamén participaron Xosé Luna, outro antiguo docente así coma as tres últimas directoras, Susana Godoy, María Xesús Froiz e Chus López Campos.