Skip to Content

Camiño de inverno

Cada día aprendemos das persoas que temos ao noso carón.
Aprendemos do papá e da mamá; aprendemos dos avós, ai, canto
aprendemos dos avós!; aprendemos dos mestres e eles din que tamén
aprenden de nós; aprendemos dos amigos e compañeiros, do veciño...
Por iso nós, os nenos e nenas de cinco anos, que durante este curso
estivemos percorrendo con ilusión o Camiño de Santiago a través do
proxecto Vexo Veo Xacobeo, queremos  compartir un anaquiño dese
camiño para que todo o mundo poida aprender porque, aínda que
somos pequenos, temos moito que amosar.



page | by Dr. Radut