Skip to Content

Axudas comedor

Segundo a ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B). (DOG do 30 de marzo), as familias que dispoñan de beca de comedor (gratuidade total ou 1€) poderán solicitar unha compensación do custo diario do menú polos días lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

Estas solicitudes deben tramitalas as familias por vía electrónica na sede electrónica do portal da Xunta de Galicia pinchado aquí, a partir do día 31 de marzo e ata o 6 de abril (ambos incluídos). No caso de que non teñan coñecementos ou medios para facelo (Certificado dixital, DNIe, Chave 365) o equipo directivo axudará  ás familias nesta tramitación e terán que facilitar -por vía telefónica e/ou correo electrónico- os seguintes datos:

a) DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)
b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería
c) Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas
d) Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda

A atención telefónica ás familias será en horario de 10:00 h. a 13:00h no teléfono: 886 15 12 72

 

 



page | by Dr. Radut