Skip to Content

Día Mundial da Danza: no Salón con Pesdelán

Desde o o Salón Virtual non podiamos deixar de festexar unha data tan sinalada e fermosa como o Día Mundial da Danza, por iso falamos cos amigos de Pesdelán que se puxeron de seguida mans á obra... e tamén pés.

Este espectáculo deseñado en exclusiva emprega a linguaxe universal que é a danza para facer un percorrido polo baile tradicional galego pero tamén de Euskadi, Brasil ou Portugal e facer que as familias bailen xuntas e se movan nas súas casas.

Xiao Berlai na madolina, Roberto Grandal no acordeón, Rubén Montes na percusión, Belén Tajes na voz e Mercedes Prieto xunto con Montse Rivera como guías das danzas chegarán ás vosas casas polas canles habituais do salón (Facebook, Instagram, Youtube e o web www.salondolibro.gal) mañá mércores 29 ás 12:00h: a bailar con Pesdelán!

 



page | by Dr. Radut