Skip to Content

XUNTA DE GALICIA

Resultados de la búsqueda - Xunta de Galicia

QUIILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE

MAÑÁ MÉRCORES DÍA 6 DE FEBREIRO CELEBRAREMOS A CARREIRA SOLIDARIA: “QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE”

 

Estimadas familias:

 

 Recordade que para a celebración da carreira é preciso que o alumnado veña cun atuendo axeitado; roupa e zapatillas de deporte.

 

Esta carreira, que é totalmente voluntaria, faise para recoller fondos que serán entregados á ONG internacional “Save the Children,”

Para esta edición imos preparar no centro diferentes percorridos axeitados para cada unha das etapas educativas do centro. O obxectivo é que todo o alumnado e o profesorado contribúa á recollida de fondos coa súa participación.

Con esta circular recibiredes un folleto informativo no que ademais da información sobre esta actividade, cada alumno/a poderá inscribir aos “patrocinadores” (pais, nais, familiares…) que queiran colaborar cos seus donativos. Con eles, acordará un “prezo” por cada “kilómetro” recorrido. (En concreto, a distancia a recorrer en cada volta polo alumnado de Infantil, 1º e 2º de primaria é de 250 m. e para 3º,4º,5º e 6º de primaria, de 500 m.)

Como os percorridos estarán deseñados dacordo coas idades do alumnado, consideraremos como “Kilómetro” cada volta que os alumnos dean ao seu circuíto. Por exemplo: se un patrocinador acorda un prezo de 50 céntimos por Kilómetro e o alumno/a da 2 voltas ao circuíto, o patrocinador deberá contribuír con 2 x 0,50 € = 1€

Agardamos a vosa colaboración e agradecemos de antemán a vosa participación

 

Un saúdo.

 



page | by Dr. Radut