Complementarias

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño celebrouse o Día do Medio Ambiente. Para conmemoralo todo o alumnado do centro participou nunha recollida de lixo, dentro do recinto escolar e tamén fóra na zona limítrofe; desta zona encargáronse os máis maiores.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

O venres o alumnado de 5º e 6º puido disfrutar coa presenza de dous regueifeiros. Escoitaron os seus cantos e  puideron inventar e cantar algunhas regueifas.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

MURAIS SOBRE A FAMILIA

Na área de Relixión o alumnado de diferentes cursos elaborou de murais sobre as familias, con motivo da celebración, precisamente, do Día da Familia.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos dos murais:

MURAIS FAMILIAS

DÍA DA FAMILIA

O alumnado de Educación Infantil disfrutou dunha xornada de festa coas familias para celebrar o Día da Familia.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

DÍA DA FAMILIA

 

RAMÓN CARIDE

O escritor Ramón Caride visitou o centro para falarlles ao alumnado de 5º e 6º sobre o seu libro "Ameaza na Antártida". 

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

RAMÓN CARIDE

OBRADOIRO XORNALISMO

O alumnado de 5º e 6º de Primaria asistiu a charla e obradoiro cun xornalista. Nela puideron coñecer máis sobre os xornais e realizar un obradoiro, no que se achegaron máis de preto o proceso de elaboración dun xornal.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

OBRADOIRO DE XORNALISMO

MARICA CAMPOS

O pasado 11 de abril os alumn@s de 5º e 6º de Primaria recibiron a visita da escritora Marica Campos.

Ó longo do segundo trimestre leron o libro "Unha misión para Clara", escrito pola autora.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

MARICA CAMPOS

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

 

O alumnado de de todos os cursos de Educación Primaria asistiu o Obradoiro "O sabor da aventura está no mar"

Premede na seguinte ligazón para poder ver algunhas das fotos:

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

XAN SALGUEIRO

O 3 de abril o alumnado de 1º e 2º de Primaria tivo a sorte de asistir a unha charla de Xan Salgueiro, xornalista do xornal Faro de Vigo.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

Charla de Xan Salgueiro

 

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria asistiu ao obradoiro "Ponlle as pilas ao teu bocata", dentro do programa da Consellería: "Aliméntate ben".  

Neste taller o alumnado puido coñecer máis sobre alimentos saudables como as conservas galegas, ademais de saborear un bocata con estes ingredientes.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

INVESTIGANDO!

O alumnado de 2º de primaria realizou unha actividade na que investigou usando o  microscopio, gracias a axuda dunha veterinaria e unha bióloga.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

                                                 OS NEN@S DE 2º INVESTIGANDO

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Para conmemorar a celebración do Día da Muller Traballadora, o 9 de marzo, o alumnado fixo a lectura dun manifesto e logo interpretaron todos xuntos a canción "La Puerta Violeta" De Rozalén.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 

CHARLA RISCOS DAS TICS

O alumnado de 5º e 6º de primaria tivo unha charla, impartida pola Garda Civil, na que se lles informou sobre os riscos das Novas Tecnoloxías. Pretenden concienciar aos nenos e nenas sobre cales son as malas prácticas con estas ferramentas, informar sobre as consecuencias que poden ter e aconsellar para evitar perigos.

 

 

ANA MEILÁN

Esta semana o alumnado dos grupos 1, 2 e 3 de Educación Infantil e de 3º e 4º de Educación Primaria puido disfrutar da visita da escritora Ana Meilán. 

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

 ANA MEILÁN

 

CONCERTO DE SÉS

O 21 de decembro tivo lugar o concerto de Sés que todo o alumnado do centro tivo a sorte de poder disfrutar.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

CONCERTO DE SÉS

ENTREGA DO DIÑEIRO RECAUDADO PARA WORKING WHEELS

Onte,  mércores 19, alumnado e profesorado recibiu a Álex de "Working Wheels". Fíxoselle entrega, por parte dos alumnos, do diñeiro recaudado na Feira Solidaria da Alegría, celebrada o 12 de decembro. 

Álex arroupado polos nenos e nenas agradeceu a colaboración e traballo de todos os que participaron.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

ENTREGA Á ALEX DE WORKING WHEELS

 

II FEIRA SOLIDARIA DA ALEGRÍA

O mércores celebrouse, por segundo ano consecutivo, a II FEIRA SOLIDARIA DA ALEGRÍA que tivo lugar na Praza da Igrexa de Silleda.

Alumnado e profesorado dende Infantil ata Primaria participou e colaborou nesta celebración. Elaboraron, con moita ilusión, todo tipo de produtos para esta feira con fins benéficos.

Grazas a colaboración de todas as persoas que acudiron ao evento recudáronse un total de 673 euros. Este diñeiro destinarase á Asociación Working Wheels. 

Para poder ver as fotos, premede no seguinte enlace:

II FEIRA SOLIDARIA DA ALEGRÍA

 

 

 

 

WORKING WHEELS

O alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria realizou o mércores 5 de decembro un taller chamado "Working Wheels, no cal realizaron diferentes actividades, para concienciarse e coñecer máis de preto a vida e obstáculos de persoas discapacitadas. 

O encargado de impartir o taller foi Álex, membro da asociación, e que xa nos visitara o curso pasado para impartilo ó alumnado de Primaria.

Para poder ver as fotos premede na seguinte ligazón:

 

                                     TALLER "WORKING WHEELS"

ABRAZANDO A DIVERSIDADE

O venres pasado toda a comunidade educativa do Ceip de Silleda abrazou a diversidade.

Visitounos Álex, da asociación Working Wheels, e realizou unha actividade co alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria. Logo, todos xuntos para conmemorar o Día das Persoas con Discapacidade, démonos un gran abrazo tinguido de globos laranxas.

Para poder ver as fotos premede na seguinte ligazón:

                                                           ABRAZANDO A DIVERSIDADE

DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro de cada ano celébrase o Día Universal do neno. Para conmemoralo, na área de relixión, realizouse unha actividade sobre os dereitos da infancia.

Para ver as fotos premede no seguinte enlace:

                              DEREITOS DA INFANCIA

Distribuir contido