BLOGUES DO COLE

 

No cole están funcionando varios blogs, clica na imaxe ou no nome para acceder ao blogue e ver as actividades que realizamos:

 

INGLÉS

 

 E.FÍSICA

MUSICA

LIBRINCIOS

AULA DE APOIO

E.INFANTIL

1ºCICLO PRIMARIA

2ºCICLO PRIMARIA

3ºCICLO PRIMARIA

A NOSA HORTA

TICs

 

 

 

 

 

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

RENOVACIÓN PARCIAL 

DO CONSELLO ESCOLAR

SECTOR NAIS e PAIS (2024 – 2028)

 

No mes de NOVEMBRO convócanse ELECCIÓNS PARA O CONSELLO ESCOLAR. Consiste nunha renovación parcial dos membros do Consello Escolar, órgano colexiado de control e xestión do Centro, con representación dos distintos sectores que constitúen a comunidade educativa (pais/ nais, profesorado, Concello e ANPA). Coa finalidade  de animarvos a participar no proceso electoral, informámosvos deste proceso que afecta ao sector de nais/pais. A organización e supervisión electoral correspóndelle á XUNTA ELECTORAL, presidida polo director e integrada por un pai/nai, un mestre/a, e un persoal non docente:

- Presidente: Miguel González Barreira (director) 

- Vogal 1: María José Salgado González (mestra)    

- Vogal 2: Encarnación Losada Figueroa (nai)

- Vogal 3: Oswaldo Salgueiro Otero (Persoal non docente)

 

A QUEN SE ELIXE?: 2 nais/pais que vos representarán no Consello Escolar. O Consello Escolar deste Centro está integrado por 5 pais/nais, sendo un deles representante da ANPA. Agora elíxense 2 membros pois se trata dunha elección parcial mediante votación das familias. Un deles será elixido mediante votación das familias e o outro representante será elixido pola ANPA como representante de dita asociación no Consello Escolar. A candidaturas elixidas serán nomeadas por un período de catro anos.

 

QUEN PODE SER CANDIDATO/A?: todos os pais, nais ou titores legais que teñan fillos/as matriculados/as no Centro e incluídos no Censo Electoral. O prazo de presentación de candidaturas empeza o día 30 de outubro e remata o 11 de novembro ás 10:00h. Os interesados/as deberán cubrir e asinar este IMPRESO DE CANDIDATURA e presentalo na secretaría do Centro. Tamén se pode enviar mediante correo electrónico a ceip.serra.vincios@edu.xunta.gal. A proclamación das candidaturas realizarase o día 11 de novembro nesta web. As diferentes candidaturas poderán enviar un enlace dun pequeno vídeo ou algún texto explicativo do seu programa por correo electrónico, que publicaremos na web.

 

QUEN PODE VOTAR?: todos os pais, nais ou titores/as legais que teñan alumnos/as matriculados/as no Colexio e estean incluídos no censo que podedes consultar en secretaría do 23 ao 30 de outubro. Debedes comprobar se estades incluídos no censo e se os datos son correctos. De non ser así, é necesario facer a reclamación pertinente ata o día 30 de outubro. O voto será directo, secreto e non delegable. Terán dereito a voto tanto o pai como a nai do alumno/a, ou de ser o caso o seu titor legal. Para poder facer uso do seu dereito ao voto, deben acreditarse (DNI, pasaporte, carné de conducir, etc.).

 

PARA QUE SERVE?: o Consello Escolar é o órgano colexiado de control e xestión do centro que terá entre outras as seguintes competencias: participar na selección do director/a, aprobar e avaliar os proxectos e as normas (Proxecto Educativo de Centro - PEC, Normas de Organización e Funcionamento - NOF, Programación Xeral Anual - PXA), coñecer a resolución de conflitos disciplinarios, promover a conservación e renovación das instalacións, analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, etc.

 

CANDO SE VOTA?: A votación terá lugar no Colexio (NO PORCHE EXTERIOR DA ENTRADA PRINCIPAL) o martes día 19 de novembro, de 9:00h a 09:30h, de 13:30 a 14:15h, de 15:30h a 16:15h e de 17:30h a 18:30h.

 

Co fin de poder levar a cabo o proceso electoral polo que se nomearán os novos membros do Consello Escolar e dada a importancia deste órgano, animamos aos pais/nais do centro a participar nas eleccións presentando a súa candidatura ou votando con liberdade a quen mellor lles pareza.

  

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS/AS:

A xunta electoral fai público o seguinte listado de nais e pais que presentan a súa candidatura para as eleccións ao Consello Escolar:

  

 

RESULTADOS DAS VOTACIÓNS E COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR:

Os resultados do escrutinio do sector pais/nais e a nova composición do Consello Escolar podedes consultalos clicando na imaxe:

 

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN IGUALDADE NO COLEXIO

Estimadas familias:

Informamos das actividades de formación en igualdade para o 2024, organizadas polo a ANPA Santa Mariña do CEIP Serra Vincios, e financiadas mediante unha subvención sobre igualdade concedida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. 

Esta aportación é unha pequena semente, que esperamos xermine e permita tomar consciencia da importancia da educación na igualdade de xénero, sexual e afectiva, integral e de calidade, dun xeito progresivo, adaptada as idades de desenvolvimiento e que lles permita coñecerse, aceptarse e expresarse libremente procurando vivencias felices e vínculos seguros. 

Animádevos e participade!!!

A ANPA 

 

Aquí podedes consultar o programa de actividades de formación en igualdade 2024 para o alumnado en horario escolar e para as familias pola tarde.

Clicade na imaxe

 

 

O primeiro ciclo de charlas para familias terá lugar os días 12 e 26 de novembro de 17:30h. a 19:30h. e leva por título: "Como lle falo diso? Remover e sementar", impartida por Noelia Moreau, do Gabinete Con Mucho Gusto. 

Animádevos e asistide á charla!!!

Clicade na imaxe

ACTIVIDADES ANUAIS ESPAZO LECTURA

ESPAZO LECTURA, é unha entidade de Gondomar para o fomento e a animación á lectura en lingua galega que organiza actividades sen ánimo de lucro relacionadas coa promoción lectora, así como calquera outro tipo de iniciativas que teñan que ver coa promoción da lectura e do libro como referentes de benestar social e coa consideración do libro como elemento socializador, indispensable para elevar o nivel educativo, a conciencia crítica, a capacidade analítica e, en definitiva, a calidade de vida e o ocio das persoas.

 

Animádevos a participar e colaborar con Espazo Lectura!!!

 

PROGRAMACIÓN:

 

- Cartel trimestral de clubs de lectura que recolle as lecturas dos diferentes clubs: do Lendo Contigo para alumnado de Educación Primaria e dos clubs de adultos.

 

  

- Cartel do Contomar: contacontos que se celebra cada luns na Biblioteca Municipal de Gondomar dirixido a nenos e nenas de máis de 3 anos.

 

- Cartel da actividade na Casa da Lectura: que retomamos esta tempada, sesións de dinamización lectora dirixidas a nenos e nenas de 3 a 10 anos.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2024-25

No seguinte cadro podedes consultar a relación de actividades extraescolares 2024-25 que organiza a ANPA:

 

   

BOLETÍN INFORMATIVO INICIO CURSO 2024-2025

HORARIOS ENTRADAS E SAÍDAS DO ALUMNADO 2024-25

CALENDARIO ESCOLAR 2024-25

DESCARGAR CALENDARIO LECTIVO PARA AS FAMILIAS

 

En Educación Infantil e Primaria, o Curso Escolar 2024-25 impartirase dende o 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos inclusive

O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro non se prolongará máis alá do día 17 de setembro de 2024. 

 

TEMÁTICA CURSO 2024-25

RESOLUCIÓN DAS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR 2024-25

CLICA NA IMAXE PARA CONSULTAR A RESOLUCIÓN DAS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR:  

   

AVISO: os cheques das axudas para a adquisición de material escolar, serán entregados o día 2 de setembro en horario de mañá de 8:30h. a 14:00h. 

 

Distribuir contido