RESOLUCIÓN COMEDOR ESCOLAR 2024-25

TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS PARA O COMEDOR ESCOLAR 2024-25 ESTÁN ADMITIDAS  

 

 

 

BO VERÁN!!!

Moitas grazas pola vosa colaboración neste curso 2023-24. 

Bo verán familias! Vémonos en setembro

A NOSA REVISTA ESCOLAR "O XORNALIÑO" 2023-24

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/25

O 20 de maio publicouse no DOG A ORDE DO 7 DE MAIO DE 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2024-25 destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria.

Neste centro non se utilizan libros de texto, polo que só tramitaremos axudas para material escolar de Educación Primaria.

O prazo para solicitar as axudas de material escolar no Centro será do 22 de maio ao 3 de xuño.

Para a tramitación podedes descargar:

 

 

A solicitude (Anexo I + Anexo II) e a documentación xustificativa, de ser o caso, poderán entregarse das seguintes formas:

- POR CORREO ELECTRÓNICO, adxuntando a documentación necesaria e o Anexo I e II ben cuberto e asinado en todos os recadros. Escanear todo e enviar ao enderezo ceip.serra.vincios@edu.xunta.gal poñendo no asunto “Solicitude Axudas Material Escolar_Nome do alumno/a”.

- POR VÍA ELECTRÓNICA, nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «Fondolibros» https://www.edu.xunta.es/fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, mediante Certificado Dixital ou Chave365.

- DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO, en horario de 12h. a 14h.

 

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024-25

O comedor escolar do CEIP Serra Vincios está catalogado como comedor de xestión indirecta da Consellería de Educación. 

* ADMISIÓN: Para a selección de usuarios, en caso de que haxa máis solicitudes que prazas, establécese unha orde de preferencia que se explica no formulario de solicitude, tendo en conta que, en caso de empate, terán prioridade os menores en idade sobre os maiores e que tamén terán prioridade aqueles alumnos/as que fagan un uso diario do comedor escolar fronte aos que non o fagan. A situación de esporádicos non se contempla. Débese respectar os días de asistencia marcados no formulario durante todo o curso escolar.

 

* EMPRESA DE CATERINGO funcionamento do comedor é mediante modalidade de catering, contratado pola Consellería de Educación, sendo na actualidade o Grupo Mediterránea. Para a atención deste servizo, cóntase con tres coidadoras, dependendo do número de comensais.

 

* HORARIOS: de 14h a 16h. Comeza sempre o seu funcionamento o primeiro día lectivo de cada curso escolar e remata o último. Para mellor organización na recollida do alumnado, haberá 2 franxas horarias:

1) Recollida ás15:00h en punto para aquelas familias que o precisan. Debedes ser estritamente puntuais, xa que entre as 15:00h e as 15:30h non poderemos entregar a ningún alumno/a.

2) A partir das 15:30h. e sempre ante das 16:00h. 

 

* NÚMERO DE PRAZAS AUTORIZADAS: 66 prazas.

 

* PREZOS: O prezo diario dependerá da renda neta per cápita familiar que se explica no formulario de solicitude como Anexo II Modelo de Autodeclaración. O alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, terán o comedor gratuíto e non cubrirán o Anexo II.

Se son alumnos/as escolarizados/as, por decisións de índole familiar ou persoal, fóra da área de influencia do centro que lles corresponda, o 1º ano como usuario do comedor escolar, pagarán 4,5 € de cuota.

Para realizar o cálculo automático do importe do servizo do comedor podedes acceder á WEB “Calculadora simulación prezos comedores” facilitada pola Consellería de Educación: https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

 

* SOLICITUDEDOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

1.- Impreso de Solicitude cuberto e asinado xunto co Modelo de Autodeclaración - Anexo II

2.- Documentación necesaria para a selección e admisión que se describe na solicitude. 

Enviar unicamente por correo electrónico a ceip.serra.vincios@edu.xunta.gal indicando no asunto, "solicitude comedor + nome do alumno/a”.

 

* PRAZOS:

- Solicitarase do 3 ao 10 de xuño por correo electrónico.

- Publicación da listaxe provisional de admitidos na páxina web: antes do 15 de xullo. 

- Reclamacións: prazo de 5 días despois da publicación provisional

- Publicación da listaxe definitiva de admitidos na páxina web: antes do 20 de xullo.

O Centro contestará ao correo recibido, facilitará un código a cada familia e publicará unha listaxe provisional/definitiva de admitidos e reservas na páxina web.

 

* ANULACIÓN DE MENÚS: A anulación do menú é unha medida excepcional. Débese anular coa maior antelación posible e sempre xustificando a ausencia indicando o motivo. Realizarase antes das 8:45h e unicamente por correo electrónico a ceip.serra.vincios@edu.xunta.gal indicando no asunto, "anulación comedor + nome do alumno/a”.

 

* PAGAMENTOS: Para aqueles comensais que lles corresponda, faranse mensualmente, na conta indicada pola empresa adxudicataria do servizo, nos dez primeiros días de cada mes. O incumprimento do pago impedirá a utilización do comedor no mes seguinte por parte do usuario.

 

* NORMAS DO COMEDOR ESCOLAR: A asistencia ao comedor implica a aceptación das normas recollidas no PLAN DE FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR, que podedes consultar aquí. Pode ser causa de baixa no servizo:

- Non estar ao corrente dos pagos: non se poderá facer uso do comedor mentres non se regularicen os pagos pendentes.

- Non asistir durante un mes de xeito continuado coa frecuencia solicitada agás causas debidamente xustificadas ante a Dirección.

- Non comunicar en tres ocasións a súa ausencia, antes das 8:45h. do día que deba ter efecto, poderá ocasionar ser suspendido pola Dirección do dereito ao uso do servizo durante 10 días.

- Mal comportamento reiterado do alumnado.

 

CONMEMORACIÓNS

Clica no debuxo correspondente a cada conmemoración:   


 

SAMAÍN NADAL DIA DA PAZ ENTROIDO

 

Distribuir contido