Skip to Content

Ramallosiñ@s

COMO ERAMOS DE PEQUENIÑOS?

PURPLE DOORS IN THE 25 OF NOVEMBER

Celebramos ese día dicindo NON  á violencia de xénero e cantando a "Porta  Violeta" con todos os nosos compañeiros!

SAMAÍN-HALLOWEEN

INICIAMOS AS NOSAS CELEBRACIÓNS NESTE CURSO COA CONMEMORACIÓN DO SAMAÍN-HALLOWEEN. ADORNAMOS CABAZAS, CANTAMOS CANCIÓNS, DISFRAZÁMONOS E DESFRUTAMOS UN MONTÓN.

VELAÍ A MOSTRA.

VISITA DE CONCHA BLANCO

A escritora Concha Blanco fíxonos unha visita para falarnos dos seus libros, en especial da "Bruxiña da sorte", relato que lemos o alumnado de 2º e que disfrutamos  moito, xuntamente coa súa autora.

Clika na palabra FOTOS e poderás ver os momentos da actividade celebrada na biblioteca do noso centro.

O 1° CICLO VISITA A PENÍNSULA DO BARBANZA

O venres, 1 de xuño, visitamos a zona do Barbanza: fomos ó Centro arqueolóxico e ó Castro de Neixón, ó mirador da Pedra da Ra, ó Castro da Cidá e ás dunas de Corrubedo. Pasámolo moi ben e aprendemos un montón de cousas novas.

VISITA DO ESCRITOR E ILUSTRADOR ABRAHAM CARREIRO

O escritor e ilustrador Abraham Carreiro, acudiu ás aulas de 2º para falarnos do seu libro "Estudios Tex" e darnos unhas cuantas técnicas de debuxo, adentrándonos así no mundo do cómic. 

Clika na palabra IMAXE para ver as fotos da actividade.

 

 

 

 

DISFRUTAMOS APRENDENDO CON LARA!!!

NESTAS ÚLTIMAS SEMANAS TIVEMOS CON NÓS A LARA, UNHA FUTURA MESTRA, COA QUE APRENDEMOS UN MONTÓN DE COUSAS. DESEXÁMOSLLE MOITA SORTE E INVITÁMOLA A QUE NOS VISITE CANDO DESEXE, QUE TEN AS PORTAS DA NOSA AULA ABERTA. Beso

VISITAMOS O MUSEO DE HISTORIA NATURAL

O PASADO MARTES DÍA 5 DE DECEMBRO O ALUMNADO DE 2º FOMOS DE VISITA A ESTE MUSEO SITUADO NO PARQUE  VISTA ALEGRE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, ONDE APRENDEMOS UN MONTÓN DE COUSAS SOBRE OS SERES VIVOS E A NATUREZA EN XERAL. ADEMAIS DO VIDEO  TAMÉN PODEDES VER AS FOTOS DA GALERÍA, CLICANDO NA IMAXE:

 

  

 

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas no noso colexio. Por iso o alumnado de 2º fomos a visitar a nosa e tamén á nosa mascota Rocky quen nos animou a ler moito e agasallounos cun marcapáxinas que empregaremos moito nas nosas lecturas.

Distribuir contido


by Dr. Radut