Skip to Content

Recomendámosche

A mar de libros

Lendo á beira do mar
mil mundos podes soñar
Na praia, na piscina, no río, na montaña, de viaxe, ou mesmo, na casa; no verán calquera momento e lugar pode ser bo para navegar polo mar da imaxinación na compaña dun bo libro. Estas suxestións son para orientarte na túa escolla, pero se te deixas caer por unha librería ou biblioteca sempre atoparás moitas outras boas historias.

Boas lecturas para o Nadal

 

 

Neste Nadal cheo de comilonas e larpeiradas, quizais poidamos escorrentar o frío ao caloriño dunha boa historia. Aquí vos deixo algunha suxestión.

Disfrutádeas e felices vacacións!

Ata o próximo ano 2012!!

Serie "O Club da Ciencia"

 

Chegou hai poucos días á nosa biblioteca esta serie titulada O Club da Ciencia publicada pola editorial Xerais o ano pasado para conmemorar o primeiro Día da Ciencia en Galego (4 de novembro)
 

Trátase de oito libros  escritos por Víctor Raga que están  destinados á aprendizaxe, desde a ficción, de xeito ameno e didáctico, de todos aqueles aspectos importantes ligados ao coñecemento científico.
 

Os protagonistas son dous rapaces, Martiño e Helena, que na compaña do Sr. Viramontañas, profesor xubilado e gran coñecedor da Ciencia, adquiren coñecementos que lles facilitará o entendemento do que acontece no medio que os arrodea.

Esta aprendizaxe ten o atractivo do descobrimento do mundo natural inserido dentro dunha historia de fición cargada de humor.

Abre o pdf adxunto para saber "de que vai" cada título.

AVENTURAS NO CAMIÑO DE SANTIAGO

 

Ao redor do Camiño de Santiago xurdiron historias e lendas que aínda hoxe se contan nos lugares por onde pasan os peregríns facendo o Camiño.

Estes dous libros que vos recomendo teñen un protagonista que debe facer o Camiño para pedir a intercesión do Apóstolo e viven unha aventura chea de perigos pero tamén de descubrimentos. Poderás atopalos na nosa biblio.

"A Galiña da Paz" de Gloria Sánchez

"El herrero de la luna llena" de Mª Isabel Molina

Fonchito y la luna

Estes días descubrimos unha nova colección de álbumes ilustrados ("Mi primer...") que publica a editorial Alfaguara, onde se recollen historias escritas por grandes autores da literatura de adultos para achegarse aos máis pequen@s.

Comezamos a colección co último gañador do premio Nobel, Mario Vargas Llosa, que presenta un entrañable conto cunhas fermosas ilustracións de María Chicote.

Fonchito y la luna titúlase "Mi primer Vargas Llosa". O pequeno Fonchito experimenta as
emociones do primeiro amor e descobre que non hai nada que non se poida facer por el, incluso se este che pide a Lúa!

Distribuir contido


by Dr. Radut