Este ano estamos a traballar con moitísima ilusión no "Proxecto didáctico Antonio Fraguas", do que recibimos a finais do curso pasado o premio a nivel galego ao recoñecemento como o mellor proxecto para a posta en valor do noso patrimonio social, cultural e lingüístico.
Como non podía ser doutro modo, o entroido deste ano xirou entrno a esta temática!! Así o alumnado de Ed. Infantil coñeceu de pretiño os traxes tradicionaisde gala e cotío e puideron argallar a súa propia versión do traxe para a fantástica coreografía que interpretaron.
Os nenos/as do 1º ciclo traballaron a temática dos oficios tradicionaise en vía de extinción. E ata gravamos a nosa propia versión, con letra propia da peza empregada para a posta en escena en cuestión!
No 2º ciclo o mar e as súas xentes foi o denominador común para argallar a súa actuación.
O alumnado de 3º ciclo achegounos ao vivo, todo o explendor do noso "Entroido tradiconal do Ulla". Onde non faltaron os xenerais, os coros de bonitos e vellos, a charanga... E toda esta "gala" tivo un denominador común! A posta en valor da música da nosa terra! Así, toda a parte musical xirou entorno a grandes éxitos da nosa música tradicional, así como versións máis actuais destas pezas do noso legado cultural.
En breve partillaremos nesta mesma publicación todas as montaxes de vídeo para que poidades visionalas e gardar esta fermosa lembranza para os máis pequechos/as. Desta volta da man do noso prezado Benxa, ex-director e xefe de estudos do centro, pero sobre todo, un ramalloseiro de pura cepa! E un compañeiro excepcional!! Ao igual que Ferreirós (tamén "ex" nos dous cargos citados), e que estivo exercendo de cámara durante o evento.
Destacar e agradecer o traballo e implicación de todo o persoal do centro na elaboración dos decorados, coreografías, etc. E por suposto todo o apoio e traballo das familias, que sempre estades aí dándoo todo polo ben da nosa comunidade educativa. Un ano máis... GRAZAS! Pois aínda que sempre é difícil, volvimos a superarnos grazas a este fermoso traballo colectivo dos ramalloseir@∫.
Precisar que todo este traballo artístico e patrimonial será levado á exposición que faremos no "Museo do pobo galego" o vindeiro curso, entre os meses de outubro/novembro.