Skip to Content

Xogos tradicionais galegos

Apartado adicado á recuperación dos nosos xogos tradicionais. (P.D. Antonio Fraguas)

LETRAS GALEGAS 2024

Outro ano máis chega unha data importante en Galicia, polo que representa para a nosa cultura, para o noso idioma, como é as Letras Galegas, que este ano se lle adican a Mª Luisa Villalta. 

Dende o noso centro sumámonos ao agradecemento a esta muller que dende tantos eidos (mestra, escritora, violinista,..) loitou por apoiar, difundir, valorar e dignificar a lingua galega.

A nivel de aulas, traballaron arredor da súa persoa con propostas diferentes, por exemplo, un grupo de crianzas de infantil, elixiron fermosas palabras en galego que lles gustaban e as verbalizaron e crearon un video, como símbolo de poñer en valor a nosa lingua, así como fixo a homenaxeada.

       

 

A nivel de colexio, como cada ano adicamos unha xornada especial. Mudamos a Romaría no Xirimbao por unha Romería no propio centro, e a pesares do mal tempo, houbo propostas lúdicas: xogos populares, interpretación e representación de cancións galegas por diferentes grupos de crianzas e xantar compartido por todo o alumnado e docentes; fomentando a convivencia

                                                

                                               

- E todas as crianzas levron de presente da homenaxeada un marcapaxinas

A AGARDADA VISITA DA "BISAVOA MARÍA"

OBRADOIRO DE XOGOS TRADICIONAIS 

"Proxecto Didáctico Antonio Fraguas"

Onte tivemos a sorte de recibir a agardada visita da "Bisavoa María" (María Piñeiro Marzoa), acompañada da súa neta e mamá do cole "Verónica López Rodríguez" (nai de Ferchu e Martín). Unha actividade promovida dende a aula de 5 anos da profe Paz.

María ten varios bisnestos no cole; Mateo, Luna, Dani, Ferchu e Martín.

Durante a xornada, tivemos a sorte de aprender con ela un montón de xogos tradicionais súper antigos e de coñecer as "cantarelas" (cancións) destes xogos.

A bisavoa María é como unha enciclopedia!! Ten miles de vivencias interesantísimas, cancións, xogos... Aprendimos moitísimas cousas e volveremos a convidala ao centro porque a súa cabeza e vitalidade son un auténtico tesouro.

Sentímonos afortunados de que aceptase o noso convite!! E o mesmo sentemento cara a mami de Ferchu e Martín, pois sen ela, nada disto sería posible. Mil grazas ás dúas!! María e Verónica son uns auténticos amores.

Grazas unha vez máis por este fermoso agasallo que nos fixéstedes!!

Bisavoa María

(En breve, poderedes desfrutar da montaxe de vídeo do obradoiro nesta mesma publicación) 

Distribuir contido


by Dr. Radut