Máis que agradecidos por este dobre recoñecemento para @s Ramalloseir@s!!
É un orgullo formar parte do colectivo “Ponte nas Ondas” e aportar o noso granciño de area a prol da recuperación do noso patrimonio cultural.
Grazas compañeir@s ❤️
Parabéns a todo o alumnado e equipos docentes de Galicia e Portugal participantes no certame.
PREMIOS DO CENTRO:
- 2º PREMIO “VI Certame das Imaxes do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués”: Parabéns á nosa alumna “Alexandra Pedreira Fdz” polo seu traballo coa foto “Guerra Civil española” ❤️
- PREMIO ESPECIAL DO JÚRI:É un orgullo recibir tamén unha das dúas mencións especiais ao “mellor traballo de centro” co noso proxecto “Anaquiños de onte vistos cos ollos de hoxe”. Neste seso, é de xustiza resaltar e agradecer o grandísimo traballo levado a cabo polo profe Xabi. Grazas Ramalloseiro!! Eres moi grande!!
Partillamos un vídeo-resumo de todos os traballos presentados ao certame.
Tamén podedes escoitar na nosa canle de radio escolar o programa de radio gravado para o proxecto.
CONSULTA AQUÍ TODOS OS PREMIADOS POLO XURADO DE "PONTE NAS ONDAS"
(Pode ser que por incompatibilidades co navegador, dispositivo móbil,... As presentacións non se vexa de forma optima ou non poidades escoitar a música que acompaña á mesma. De ser así, recomendamos mellor o visionado da montaxe de vídeo))
TRABALLO DE CENTRO VINCULADO AO PROXECTO ANTONIO FRAGUAS
V CERTAME AS IMAXES DO PATRIMONIO GALEGO-PORTUGUES
Hoxe acudimos ao Auditorio da Asoc. Cultural Valadares (Vigo) para recoller o 1º premio á mellor fotografía e o premio ao mellor programa de radio escolar adicado á mesma temática. Foi un día cargado de emocións e gratitude!!
Queremos agradecer á organización de Ponte nas Ondase ao xurado do certame este recoñecemento tan importante para nós.
E por suposto a tod@s @s nen@s e familias que nos fixéstedes chegar as vosas fermosas fotografías antigas e aos que participaron no programa de radio, especialmente a Otilia e Javier, os avós que nos agasallaron con esta fermosa entrevista. Non vos perdades este programa de radio ramalloseirosaquí.
Podedes tamén ver toda a información completa dos premios, ao que asistiron entre outras autoridades; D. José Manuel Rodríguez Uribes, embaixador de España na UNESCO, os directores xerais de Cultura e de Patrimonio Cultural, D. Anxo M. Lorenzo e Dna. Mª Carmen Martínez asistentes,... Premendo aquí entraredes directamente á nova na propia web de Ponte nas Ondas.
Asitiron todos @s participantes no certame e tivemos tamén a sorte de podermos contar coa compaña das familias dos premiados.
(Seguimos subindo contidos, pois agardamos máis fotografías)
Podedes ver toda a entrega de premios no seguinte vídeo:
"Os nosos premios": Entrega premio ao Mellor programa de Radio Escolar de Ed. Primaria (Minuto 36:20)
Entrega 1º premio de Ed. Primaria (Minuto 48:10)
APOIAAQUÍA CANDIDATURA DE PONTE…NAS ONDAS! AO REXISTRO DAS BOAS PRÁCTICAS DE SALVAGARDA DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL DA UNESCO. O 1 DE DECEMBRO SABEREMOS SE OBTEMOS ESTE RECOÑECEMENTO DA UNESCO
Qué é a UNESCO? Cal é o motivo da súa creación?
Preme nos seguinte enlaces para saber máis cousiñas sobre a "Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.
Podedes consultar toda a información sobre os premiados e o material entregado na propia web de Ponte nas Ondas.
Tamén podedes ver todo o traballo que presentamos coas fotos que nos enviástedes as familias do centro aquí.
Mil grazas ao xurado e a Ponte nas Ondas por este recoñecemento ao noso traballo. Cando sementas e a colleita da froitos, o sentemento de satisfacción é inigualable.
Moitísimas grazas tamén a vós, ás familias, pola vosa participación. Especialmente a Yoel Ares Gómez, o gañador no apartado de fotografía e a Carolina Veiga Blanco , Gael Atrio Montes e Icía García Chouciño, alumnado que participaron na gravación do programa xunto coa súa titora Carmen Midón e un servidor, o profe Óscar.
Pero se alguén foi importante, foron os nosos entrevistados! Otilia e Javier, avós de Nico e Brais (alumnado do centro) e colaboradores do noso comedor escolar. Fixeron un progama excepcional! Cargado de emocións e aprendizaxes. A verdade é que nos deixaron sorprendidos, pois semella que levaran facendo entrevistas de radio toda a vida. Foi máxico! E convidámosvos a escoitalo premendo no enlace arriba ou na imaxe.
Despois da recollida e elaboración de contidos para enviar as montaxes ao certame, netses intres estamos a traballar na produción do pertinente programa de radio especial sobre esta actividade. Onde teremos con nós en radio ramalloseir@s a dous convidados moi especiais. Está a ser unha actividade laboriosa pero fermosa e cargada de historia viva e emocións!! Que nos revolve ata o máis adentro e nos comparte segredos que nunca imaxinamos.
Moi pronto máis info aquí e tamén todos os materiais pendentes!!
Preme na imaxe para visionar ou descargar o libro-comic en formato banda deseñada