Esta semana asistimos á gala final do Proxecto CÓNTAME UN CONTO. Promovido polo APOI (Museo do Pobo Galego e Fundación Antonio Fraguas) co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Asistíu todo o alumnado participante no proxecto (3º e 4º de Ed. primaria) e tamén unha representación do alumnado de 5º e 6º que achegaron tamén algunhas actuacións musicais ao acto. Foi toda unha festa e unha experiencia educativa do máis enriquecedora.
O pasado curso, o alumnado de 4º de ED. Primaria do centro, participou no proxecto: "Cóntameunconto", como un dos centros "piloto" da iniciativa. A pesares de que foi este nivel educativo o que fixo o traballo de recollida, edición e publicación destes traballos, houbo contos orais e historias do maís impresionantes para todos os discentes do centro. Nesta actividade en concreto, os conta contos Celso Fernández Sanmartín e María da Pontragha fixeron as delicias dos alumnos/as dos cursos de 4º de Ed. Infantil e 6º de Ed. Infantil.
Este curso 2022/23 continuamos co proxecto! E seguimos desfrutando dos contos que os maiores achegan aos nenos/as do centro!!
A actividade está promovida polo Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI), do Museo do Pobo Galego e a Fundación Antonio Fraguas. O obxectivo deste programa é fundamentalmente promover o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral, así como a recollida de contos tradicionais galegos contados polos nosos maiores. Máis info sobre o proxecto, e publicación dos videos de todos os centros na web do APOI. Preme aquí para entrar!!
2ª EDICIÓN DO CERTAME / TRABALLOS PRESENTADOS:
(Estamos a subir as montaxes. En breve poderedes gozar de todos os contos deste ano)
1ª EDICIÓN DO CERTAME / TRABALLOS PRESENTADOS / GALA:
Preme nos seguintes atallos para ver ou descargar fotos e videos do acto