Skip to Content

Dobraxe. Animación en Galego

Adaptación e dobraxe en galego de series populares de debuxos animados para os máis pequenos.

"A patrulla canina salva a lingua galega"

A finais do curso pasado, como unha das actividades para celebraren o día das letras galegas, o Equipo de EDLG do centro, en coordinacións cos demáis Equipos de traballos (Bibliotecas Escolares, Extraescolares, TICs...) Tivo a idea de dobrar un episodio da serie infantil: A Patrulla canina.

Xurdiu pola faceta de tradutora da homenaxeada, e a preocupación que ten o profesorado do centro pola perda de crianzas galego falantes. Un dos motivos da perda de léxico na nosa lingua e mudanzas na estrutura ao modo castelán prodúcese polo visionado dos deseños animados por parte do alumnado que non ten opción de ver na lingua galega. Especialmente das series de animación actuais máis demandas pola cativada.

Esta actividade está vinculada tamén ao Obradoiro de Radio Teatro que estivemos traballando este ano no centro. Podedes escoitar todo o programa de radio no seguinte Podcast.

Ramalloseiros!! Ramalloseiras!! Agardamos que gocedes un montón desta nova misión da Patrulla Canina!!

Premede na imaxe para ver ou descargar o episodio EN VIDEO.

E no seguinte video podedes visionalo directamente na web (comprimido)

Distribuir contido


by Dr. Radut