A toponimia é a ciencia que estuda os nomes cos que identificamos determinados espazos do territorio. É, sen dúbida, un dos campos máis enriquecedores e apaixonantes para quen estude a lingua e a cultura de calquera país.
Os nosos antepasados foron bautizando en diversos momentos da historia os lugares que habitaban e cultivaban. Ademais, a maior parte dos topónimos tiñan, e moitos aínda teñen, un significado acomodado á realidade xeográfica na que naceron. Co tempo, esta realidade foi cambiando e hoxe en día xa hai centos e centos de topónimos opacos, é dicir, que non nos dan pistas reais sobre o que denominan.
Desde hai tempo está a observarse unha preocupante perda da micro-toponimia tanto no medio rural como no urbano. Boa parte dos topónimos menores só teñen vida no fala ou na memoria de persoas de idade, e con cada persoa que morre, ou que abandona a súa actividade no campo ou no mar, desaparece Pero, grazas ao seu estudo, podemos coñecer mellor nosa lingua e a nosa historia.
É por todo isto, que a toponimia forma parte dos elementos culturais que a UNESCO denomina patrimonio inmaterial dos pobos.
Con este proxecto queremos poñer o noso gran de area para salvar dun posible esquecemento aos miles de nomes da nosa terra que se van perdendo co paso do tempo e as múltiples transformacións que vai experimentando a nosa contorna: económicas, vías de transporte, sociais, urbanísticas...
Pero sobre todo, facer que todos os nenos/as coñezan esta realidade que a eles lles queda tan preto, pero tan lonxe ao mesmo tempo. E que sexan conscientes da importancia deste legado.
Por iso, queremos adicar este proxecto ós nosos informantes e aos veciños e familias do CEIP Plurilingüe da Ramallosa. Amosándolles todo o noso agradecemento, aprecio e consideración.
- Descarga aquí a ficha para "facer o traballo de campo" e poñer o teu gran de area ao Proxecto
- Localiza os teus topónimos no mapa virtual de “Galicia Nomeada” (RAG), e incorpora ao mapa os que non están rexistrados.
Tamén podes colaborar activamente en Galicia Nomeada. Só tés que rexistrarte e agardar a autorización.
Pescuda aquí sobre a toponimia familiar dos nosos informantes contadores de contos tradicionais.Traballo realizado dentro do proxecto "Cóntame un conto" do APOI, Museo do pobo galego e a Fundación Antonio Fraguas.
PROGRAMA DE RADIO
ESPECIAL CENTENARIO DO PASAMENTO DE
MANUEL MURGUÍA, HOME DE ROSALÍA DE CASTRO
/A relevancia na súa obra/
UNIDADES DIDÁCTICAS E OUTRAS ACTIVIDADES INTERACTIVAS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO
Tras un proceso de busca e recollida coa axuda das familias, descubrimonos diferentes tipos de topónimos na contorna do noso colexio.: hidrónimos, axiónimos, antropónimos, zoónimos e outros antropónimos