Skip to Content

Blogue de Óscar

Actividades Ed. Musical

"BAILANDO CON ROSALÍA" (24F)

Aquí vos deixamos a lembranza da actividade homenaxe a Rosalía de Castro, proposta entre outras para conmemorar esta data (24 de febreiro). Un obradoiro de baile a nivel de centro, no que se pretende facer o mesmo que facía a escritora, darlle valor á nosa cultura galega en todas as súas formas. Para isto contamos coa inestimable colaboración da profesora de baile Galego "Gabriela Casal Alfonsín" (mestra en prácticas no centro durante a segunda avaliación). Gracias compi!!

 

 

"As árbores da fraga"

Velaquí a canción que tiñamos previsto cantar e tocar co ukelele con motivo da conmemoración do "Día da árbore e a poesía", o pasado 21 de Marzo. Dados os acontecementos pensamos retomala para cantar o vindeiro 5 de xuño, coa celebración do "Día Mundial do Medio Ambiente

Resultado de imagen de gif árbol  Resultado de imagen de gif árbol

"Taller de HandPan e Perc. Tradicional" (EI 3-4 anos)

 Pica na imaxe para ver o divertido video da actividade!

animación 1           animación 2              animación 3 

FOTOS AQUÍ

 

Taller de HandPan 3º E.P (grupos A e C)

  

FOTOS AQUÍ

 

"A porta violeta" (25N) 

Aquí vos deixamos a gravación do arranxo musical desta canción versionada en galego para conmemorar o "Día MundiaContra a violencia de xénero" o 25 de Novembro.

Incluímos no video o video titorial para tocala en ukelele e a letra para cantala en modo karaoke.

Tamén achegamos o vídeo co resultado final de todo o traballo, no que o alumnado de 4ºA representou tamén toda a canción con lingua de signos.

 

"SamaGosto". Composicións na aula!!

Velaquí, a creación musical feita co alumnado, da canción con letra propia, e xa oficial a modo de “himno” para a celebración no noso Centro Educativo, do Samáin e o Magosto: “SamaGosto”.

Velaquí vos deixamos o video oficial:

 

 

Ésta é a primeira gravación "en ambiente" feita na aula co alumnado:

 

 

descargar LETRA aquí

descargar melod PARTITURA frauta aquí

"PercObxects Performance; REUTILIZANDO"

Performance creada con "instrumentos de percusión" pensados con obxectos cotiás, destinados ao ir directos ao refugallo. Esta actividade foi levada a cabo polo alumnado de 6º de Ed. Primaria como colofón ao traballo do noso proxecto deste ano; "EcoTeo". Tendo en conta as tres regras básicas para a xestión de residuos; REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR (neste caso, especialmente a segunda delas).

A estrea da proposta escénica fíxose no Acto de Gradación de fin de curso do alumnado de 6º de Ed. Primaria, onde as familias e o alumnado de 5º curso puideron desfrutar da actuación. Velaquí vos deixamos a grabación do resultado final!

 

"MIÑA TERRA GALEGA" (Ed. Infantil)

Proxecto audiovisual traballado este curso 2017_18 con Xaime Fandiño, avó de Daniela, alumna do centro da aula de 4 e 5 anos. Mil grazas polo teu traballo Xaime! Quedou ben fermoso.

VÍDEO-MONTAXE DO CENTRO COAS COREGRAFÍAS DO FESTIVAL DE ENTROIDO 2019

        

Mil grazas a Ángel Sanjurjo! Pola súa colaboración exercendo como cámara de evento. 

 

"EcoRock"

Xa temos a composición da Canción Oficial do Proxecto de Centro deste ano; "EcoTeo"

Así, e seguindo a temática do mesmo, na Área de Educación Musical do Centro, compuxemos a letra e os arranxos musicais deste "EcoRock" a partir dunha base instrumental cedida pola "RockSchool de Londres", a través da nosa "Casa do Rock" Compostelá. Mil grazas por adiantado pola súa colaboración nesta cesión.

Este tema musical servirá de colofón para cantarmos todos xuntos ao remate das diversas celebracións escolares do ano. De feito, o estreno oficial será moi pronto, o vindeiro venres no “SamaGosto”.

Durante o curso tamén faremos unha versión cantada polos propios nen@s do cole e un videoclip.

Polo de agora deixámos aquí a V.O.

Agardamos que vos guste!!

 

Descarga a letra aquí

 

 

"REGUEIFANDO CON Mª VICTORIA"

Proxecto "Regueifando con Mª Victoria".

Musicalización do seu conto "Can branco, can negro", do libro "Eu conto, ti cantas".

Obra da autora homenaxeada nestas Letras Galegas 2018, Mª Victoria Moreno Márquez

Varios obxectivos se conglomeran neste traballo:

- O canto, coñecemento e orixe da "Regueifa". Así como a relación con outras manifestacións artísticas  semellantes, tradicionais noutras zonas de Galicia. Como por exemplo, os nosos "Atranques" etc.

- O coñecemento da vida e obra da escritora.

- A musicalización e adaptación de textos para cantar.

- A fusión musical de estilos.

- ...

Velaquí vos deixamos o resultado final!

 

 

En breve iremos colgando o resto das gravacións de cada aula!!

Distribuir contido


by Dr. Radut