Skip to Content

EcoTeo

VIDEOCLIP OFICIAL "EcoRocK"

Velaquí vos deixamos o videclip da canción oficial do noso "Proxecto Escola Verde" "EcoTeo".

Foi un traballo de fin de ciclo levado a cabo co alumnado de Ed. Infantil. Sempre coa axuda inestimable das profes titoras!

Mil grazas a todas as familias, alumnado e mestres compañeir@s participantes no Proxecto durante este curso escolar.

Lembremos sempre, que vivimos, grazas aos agasallos deste noso planeta!

É a nosa "obriga vital" respectalo e darlle aloumiños día a día entre tod@s.

Sexamos responsables!

Agradecementos tamén á "A CASA DO ROCK", centro oficial da "RockSchool MUSIC" en Santiago de Compostela. Por cedernos a base instrumental sobre a que fixemos os pertinentes arranxos musicáis e a letra da canción, para crear o temazo do Proxecto deste ano. Unha actividade realizada na Área de Ed. Musical.


(Karaoke)

VOLVEMOS SAIR Á CARBALLEIRA

-- SAÍDA Á CARBALLEIRA: TRAS MOITO TEMPO DE CHUVIA, ATOPEMOS UN MOMENTO PARA DEVOLVER Á CARBALLEIRA OS TESOUROS QUE LEVARAMOS Á AULA NO OUTONO (PAUS, PINAS, CASTAÑAS, OURIZOS, FOLLAS) E APROVEITAMOS PARA OBSERVAR OS CAMBIOS QUE SE PRODUCEN NA NATUREZA NA ESTACIÓN DE INVERNO: VISITAR O RÍO TELLA E VER CANTA AUGA LEVA, OBSERVAR ÁRBORES DE FOLLA CADUCA E TAMÉN OS PIÑEIROS DE FOLLA PERENNE, ESCOITAR ALGÚN PAXARO, DESCUBRIRON UNHA CAIXA- NIÑO QUE COLOCARAMOS NUNHA ÁRBORE HAI 2 CURSOS CON OUTRO GRUPO DE ALUMNADO, CAMIÑAR POR TERREOS CON DISTINTOS DESNIVEIS DISTINTOS AO CEMENTO,...

O FEITO DE SAÍR DOS MUROS DO COLEXIO, TAMÉN NÓS PERMITE TOMAR CONCIENCIA DAS NORMAS DE EDUCACIÓN VIARIA: COMO AS PRECAUCIÓNS QUE TER CANDO CRUZAMOS A CARRETERA OU CAMIÑAMOS POLA BEIRA ANTE A PRESENZA DE COCHES.

 

 

 
   

Certame de Arte Escolar - Fundación Granell

As pequenas e pequenos grandes aristas de Educación Infantil e Primaria, partillamos con vós con grande emoción as nosas creacións elaboradas para o "Certame de arte escolar da Fundación Granell". Este ano co tema de "Granell, natureza e medio ambiente". Temática do noso Proxecto de Escola Verde: "EcoTeo; Ramalloseir@s coa natureza"

Podedes visitar a EXPOSICIÓN durante todas as vacacións de nadal no Museo Granell, ubicado no Pazo de Bendaña (Praza do Toural - Compostela). Ademais do agasallo de nos expoñer todos os nosos traballos, tres dos participantes obtiveron premio. André Rey Álvarez na categoría de construción, Sergio Castro Baliñas en debuxo e Alba Martínez Gómez en collage.

ESCOLA VERDE (Vídeo final) "Día Mundial do Medio Ambiente"

Con este vídeo pechamos o traballo de centro co "Proxecto Escola Verde", neste curso escolar 2022_23.

Desta volta cunha montaxe conmemorativa sobre o acto que fixemos no "Día Mundial do Medioambiente",

e centrada nun dos obxectivos primordiais do equipo docente. Algo tan importante como facerlle ver aos

discentes e ás familias a importancia dos tres "R"; ReducirReciclarReutilizar.

Facendo especial fincapé no relativo á redución no consumo de plásticos dun só uso!!

Fixemos un traballo integral, icentivando diversas dinámicas entre a comunidade educativa neste senso;

recollida e clasificación de lixo, fomento de "merendas sen plástico, concienciación sobre

o dano que producen ao planeta estes resíduos, a súa afectación aos seres vivos,...

Por suposto, todo este traballo vai ligado a outros moitos eixes deste extenso proxecto;

Horto Escolar, Aromáticas e insectos, Xardín da Esperanza, Brigadas de limpeza, reconto

e clasificación de resíduos, proxecto "Limpa os teus Ríos,... 

LONGA VIDA Á ESCOLA VERDE!!

O CEIP da Ramallosa premiado no "ENREGUÉIFATE"

Danos unha alegría inmensa comunicarvos oficialmente a toda a Comunidade Educativa do CEIP da Ramallosa, que alumnado de 6º de Ed. Primaria, foi premiado neste recoñecido certame de Regueifa. En concreto, dentro da categoría da "Regueifa máis Reivindicativa".

Un recoñecemento, que este ano máis que nunca, nos sabe mellor que ben, dadas todas as circunstancias derivadas da alerta polo COVID19. Sen dúbida, é un premio dobre para toda a Comunidade Educativa do CEIP da Ramallosa. 

 

A nosa, "EcoRegueifa", interpretada pola nosa "Banda EcoTeo",afonda sobre a temática iniciada no proxecto do centro do curso pasadoEcoTeo”. Na que reivindicamos a importancia do coidado do noso Planeta...

 

Queremos dar as grazas pola implicación na actividade a todo o alumnado participante!! E aproveitar para lembrarvos que o traballo, antes ou despois, sempre da os seus froitos! Especialmente agora, que en nada iniciaredes unha nova andaina no instituto.

 

Non podemos deixar de expresar a nosa felicidade e gratitude por este recoñecemento á Organización do Certame ENREGUÉIFATE!! E prometerlles que continuaremos "fabricando" regueifas ano a ano, para que a nosa música e lingua galega non deixe de latexar nunca nos nosos corazóns. 

 

Asemade, queremos agradecer a traballo excepcional do Concello de Teo a prol destas iniciativas culturais a través do Departamento de Política Lingüística.  Así como as súas fermosas verbas de recoñecemento cara o profesorado e alumnado do noso centro. Grazas por sementar ilusión e cultura!

 

Sen máis, deixámosvos o vídeo dos Ramalloseir@s cantando a xa premiada "EcoRegueifa", un Karaoke da mesma e un vídeo resumo de todos os Premiados nesta IV Edición do ENREGUÉIFATEParabéns regueifeir@s!

 

 

  

"EcoRegueifa"

Hoxe, día das Letras Galegas, temos un feixe de sorpresas!!

* Empezamos coa Proposta que enviamos ao concurso ENREGUÉIFATdo alumnado de 6º de Ed. Primaria. Aquí vos deixamos a nosa "EcoRegueifae tamén unha "versión karaoke" da mesma!!

Como todos os anos, o alumnado de sexto, participa neste concurso, pero desta volta, e dadas as circunstancias, facémolo cunha Regueifa que gravamos o pasado curso en xuño, con motivo do "Proxecto EcoTeo", que levamos a cabo no cole. E que tiñamos precisamente reservada para enviar a concurso este ano!!

Como di o refrán... "O que garda sempre ten" jejeje. Agardamos que vos preste vela!! E animádevos a cantala co Karaoke!!

 

"PercObxects Performance; REUTILIZANDO"

Performance creada con "instrumentos de percusión" pensados con obxectos cotiás, destinados ao ir directos ao refugallo. Esta actividade foi levada a cabo polo alumnado de 6º de Ed. Primaria como colofón ao traballo do noso proxecto deste ano; "EcoTeo". Tendo en conta as tres regras básicas para a xestión de residuos; REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR (neste caso, especialmente a segunda delas).

A estrea da proposta escénica fíxose no Acto de Gradación de fin de curso do alumnado de 6º de Ed. Primaria, onde as familias e o alumnado de 5º curso puideron desfrutar da actuación. Velaquí vos deixamos a grabación do resultado final!

 

ECOCONSELLOS

ESTE CURSO ACADÉMICO ESTÁ CHEGANDO AO SEU FIN, E O PROXECTO ANUAL NO QUE ANDIVEMOS TRABALLANDO TAMÉN TEN O SEU PRODUTO FINAL. DESPOIS DE FALAR DE RECICLAXE, DE CONTAMINACIÓN, DO EFECTO INVERNADOIRO, DOS VERTEDOIROS, DOS INCENDIOS,... QUIXEMOS FACER UN VIDEO CO APRENDIDO AO RESPECTO E CUNS CONSELLOS, QUE SE PODEN POÑER EN PRÁCTICA PARA AXUDAR A COIDAR O NOSO ENTORNO,  O NOSO PLANETA, ENTRE TOD@S. 

 

TAMÉN SE ELABOROU UN DÍPTICO CON CONSELLOS PARA AXUDAR A REDUCIR A CONTAMINACIÓN MEDIOAMBIENTAL QUE ESTÁ ACABANDO CO PLANETA TERRA; OS "ECOCONSELLOS"

 

COIDEMOS O PLANETA, É RESPONSABILIDADE DE TOD@S!!!

¡VIVAN OS MAIOS!!!!

Hoxe retomamos no noso colexio unha antiga tradición cultural; a conmemoración da festa dos MAIOS.

Ao longo deste curso, dentro da temática do proxecto de centro, lévase traballando en relación á importancia de coidar e respectar o noso entorno natural e hoxe, quixemos ensalzar a súa importancia elaborando un maio, coa colaboración de toda a comunidade educativa. Como ancestralmente se facía, esta festa servía para dar a benvida á primavera e á época da sembra, así como loar a riqueza que nos aporta a natureza coa súa vexetación.

Elaborouse un maio en forma piramidal entre tod@s ao longo da mañá e logo, colocados arredor del, recitouse o poema de Curros Enríquez, " Ahí ven o maio" que logo escoitamos musicalizado por Luis Emilio Batallán.

 

Vídeo resumo da actividade

POESÍA NAS ÁRBORES

DEBIDO ÁS BOAS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS, OUTRA ACTIVIDADE QUE SE ÍA LEVAR A CABO O DÍA DO LIBRO, PARA CONMEMORAR CONXUNTAMENTE POESÍA, ÁRBORES E LIBROS, FOI REALIZADA HOXE. 

CADA TITORÍA ESCOLLEU UNHA ÁRBORE DO PATIO ACERCA DA QUE SE REALIZARÁN DIFERENTES ACTUACIÓNS, NESTA OCASIÓN TRATABASE DE PARA PENDURAR DELA, AS DIVERSAS POESÍAS QUE SE CREARON CON TEMÁTICA SOBRE NATUREZA, QUE LEVABA POR TÍTULO "VERSOS VEXETAIS".

O TEMA DOS POEMAS FOI ESCOLLIDO POR ESTAR RELACIONADO CO PROXECTO DE CENTRO DESTE CURSO; A RECILAXE E O COIDADO DO ENTORNO ("ECOTEO").

 

Distribuir contido


by Dr. Radut