Skip to Content

Blogue de Mónica

Contacto:monicas@ramallosa.org

EXPERIMENTO: CALES FLOTAN E CALES AFUNDEN?

CON TANTA CHOIVA, QUIXEMOS FACER UN FIXEMOS UN EXPERIMENTO PARA COMPROBAR QUE OBXECTOS AFUNDEN E CALES FLOTAN?

PRIMEIRO, CADA VEZ QUE SE IBA VOTAR UN ELEMENTO NA AUGA, SE PLANTEXA A HIPÓTESE PREVIA, ¿FLOTARÍA OU AFUNDIRÍA? ASÍ CON TODOS OS OBXECTOS

LOGO, IBAMOS OBSERVANDO E ANALIZANDO QUE OS QUE FLOTABAN ERAN FEITOS DE PLÁSTICO (BOTES, PLASTILINA, TAPÓNS, TAPAS, ANIMAL)E DE MADEIRA (CORCHOS, PAUS, TROMPO, LANDRA) MENTRES QUE OS PESADOS (PEDRA) E AS CUNCHAS SE AFUNDÍAN.

 

 

 

CONTACOMIGO: ANA - nai de JULIA

NESTA OCASIÓN TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE GOZAR COA SESIÓN DE CONTOS QUE NOS FIXO ANA, A NAI DA NOSA COMPAÑEIRA JULIA, QUEN NOS TROUXO A SIMPÁTICA HISTORIA DE ANDY CUTBILL; "A VACA QUE PUXO UN OVO", ED. PATAS DE PEIXE. ADEMAIS, A IRMÁ DE JULIA, NOELIA, QUIXO ACOMPAÑAR Á SÚA NAI PARA AXUDARLLE A CONTAR A HISTORIA.

DESPOIS DE GOZAR COA HISTORIA, ANA TAMÉN NOS TROUXO A SILUETA DUNHA VACA PARA PEGARLLE UNHAS MANCHAS NEGRAS IMITANDO A VACA MAJORIE, PROTAGONISTA DO CONTO. AQUÍ OS PEQUES PUXERON EN PRÁCTICA A SÚA MOTRICIDADE FINA PARA CONSEGUIR DESPEGAR AS MANCHAS DO SEU ADHESIVO!!!  E TAMÉN HABÍA UNS OVOS PARA POÑERLLE UNHAS MANCHAS IMITANDO O OVO QUE SUPOSTAMENTE PUXERA A VACA MARJORIE!!!

GUSTOULLE MOITO, GRAZASSSSSSS ANA, NOELIA E JULIA!!!!!!!!

 

    

 

OBXECTOS CIRCULARES

GRAZAS Á COLABORACIÓN DAS FAMILIAS, XUNTAMOS VARIOS ELEMENTOS CON FORMA DE CÍRCULO. A TAREFA CONSISTÍA EN OBSERVAR E COMPROBAR SE TODOS ERAN CIRCULARES. PUIDEMOS DESCUBRIR QUE ALGÚNS OBXECTOS TIÑAN FORMA REDONDA PERO NON É ERAN UN CORPO PLANO. ASÍ DESCUBRIMOS QUE TIÑAN FORMA DE "ESFERA" EN COMPARACIÓN CO "CÍRCULO"

 

 

 

TAMÉN ANDIVEMOS XOGANDO E FACENDO DISTINTAS COMPOSICIÓNS CON ELEMENTOS CIRCULARES

 

 

 

ASOCIAR CARDINAL CON CANTIDADE

NESTA PROPOSTA MATEMÁTICA, TRATABASE DE IR INTERIORIZANDO A  SERIE NUMÉRICA ATA 9 SALTANDO SOBRE ELA, A MEDIDA QUE IMOS ASIMILANDO O NÚMERO COA CANTIDADE QUE REPRESENTA.

  

OS NOSOS ROSTROS

ESTA PROPOSTA TIÑA POR OBXECTIVO, IR INTERIORIZANDO OS ELEMENTOS QUE COMPOÑEN O NOSO ROSTRO, ONDE ESTÁ COLOCADOS E COMO É A SÚA FORMA.

POR PARELLAS, TIÑAN QUE TRAZAR OS ELEMENTOS DA CARA SOBRE UN PLÁSTICO FIXADO NUN PEQUENO ARO REDONDO SIMULANDO A FORMA DA CARA.

FOI UNHA ACTIVIDADE QUE LLES GUSTOU E ADEMAIS O SOPORTE ERA NOVIDOSO PARA O ALUMNADO!!!

 DITA COMPOSICIÓN FOI PEGADA SOBRE UN FOLIO E CADA UN TIÑA QUE ESCRIBIR O NOME DA SÚA PARELLA (ESO IMPLICABA TER QUE IDENTIFICAR A TARXETA DO SEU NOME PARA LOGO ESCRIBILO)

POSTERIORMENTE TIÑAN QUE ASOCIAR AS PARTES DA CARA TRAZADAS CO SEU NOME. POLO QUE SE LLES ENTREGOU UNHAS TARXETAS QUE TIÑAN QUE RECORTAR E LOGO IDENTIFICAR CADA TEXTO COA PARTE DO ROSTRO, FIXÁNDOSE POR CAL LETRA COMEZABA, SE IDENTIFICABAN ALGUNHA LETRA CANDO SE PRONUNCIABA O SEU SON,... 

 

   

     

COMPOÑER CON LETRAS MÓBILES

PARA TRABALLAR SOBRE O PINTOR QUE DA NOME Á NOSA AULA, ESTIVEMOS COMPOÑENDO O SEU APELIDO (POIS É MÁIS COÑECIDO CA POLO NOME); GRANELL

A PROPOSTA CONSISTÍA EN ORDENAR AS LETRAS DADAS PARA COMPOÑER O APELIDO: PRIMEIRO ELES/ELAS ORDENABAN COMO CONSIDERABAN E LOGO COMPARABAN CO CORRECTO PARA VER CALES TIÑAN QUE RECOLOCAR, TOMANDO CONCIENCIA DO SON DAS LETRAS E FINALMENTE TIÑAN QUE ESCRIBILO XUNTO AO RETRATO QUE PREVIAMENTE FORA DECORADO COA TÉCNICA DE ANDY WARHOL.

 

  

   

ORDENANDO A SERIE NUMÉRICA ATA O 10

REPARTIMOS TARXETAS COS NÚMEROS ATA 10 E LOGO INTENTAMOS IR ORDENÁNDOAS TENDO COMO APOIO A SERIE NUMÉRICA, PARA SABER CAL TOCABA.

NOMES CON "I"

ESTA PROPOSTA TIÑA POR OBXECTIVO IDENTIFICAR A  LETRA "I" E POLO TANTO, RECOÑECER CALES NOMES LEVABAN ESTA VOGAL ENTRE AS SÚAS LETRAS E CALES NON.

FÍXOSE UNHA IDENTIFICACIÓN: * A NIVEL VISUAL, COA TARXETA DOS SEUS NOMES NAS MANS- TRATANDO DE RECOÑECER A LETRA,

                                                           * A NIVEL AUDITIVO, PRONUNCIANDO OS NOMES- TRATANDO DE RECOÑECER O SON

PREVIAMENTE ANDIVEMOS A XOGAR COAS VOGAIS FACENDO SONS LONGOS E CURTOS, SUAVES E FORTES

 

LOGO FIXERON RECONTO DE NOMES CON E SEN "I"

 

ASOCIAR CARDINAL E CANTIDADE

ESTA ACTIVIDADE MATEMÁTICA TIÑA COMO OBXECTIVOS:

- IDENTIFICAR O CARDINAL: TIÑAN QUE FACER TORRES CON TANTOS TUBOS COMO INDICABA O CARDINAL PEGADO NA BASE. ALGÚNS RECOÑECÍAN O NÚMERO E OUTR@S TIÑAN QUE CONTAR NA SERIE NUMÉRICA PARA IDENTIFICALO E LOGO PODER CONTAR E POÑER AS PEZAS QUE CORRESPONDÍA.

- ORDENAR DE MENOR A MAIOR: COAS TORRES FEITAS TIÑAN QUE ORDENALAS TENDO COMO REFERENCIA A SERIE NUMÉRICA.

- COLOCAR OS NÚMEROS NO LUGAR QUE OCUPAN NA SERIE: HABÍA ALGÚNS NÚMEROS QUE NON ESTABAN NAS TORRES, POLO QUE APROVEITAMOS PARA INTRODUCIR OS QUE FALTABAN NO SEU LUGAR CORRESPONDENTE.

 ¡¡¡ FIXÉRONO MOI BEN!!!

 

¡¡¡ SORPRESA!!!

COMEZAMOS O 2º TRIMESTRE CUNS AGASALLOS PARA A AULA. COMO ACABA DE SER UNHA ÉPOCA DE RECIBIR AGASALLOS, TOD@S QUERÍAN ABRIR OS PAQUETES.

 

DESPOIS DE VER QUE ERA, ABRIMOS A CAIXA DA COCIÑA E VIRON QUE ESTABA SEN MONTAR. PERO LOGO IDEARON IR PEDIR AXUDA A ERNESTO QUE NOS AXUDOU ENCANTADO, COMO SEMPRE E A QUE LLE DAMOS MIL GRAZAS POR MONTARNOS A COCIÑA, POIS TIÑAN MOITAS GANAS DE ESTREALA.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut