ATRANQUES
ATRANQUES. RAMALLOSA 2011
Correos 1 e 2 Sonia - Brais Mota
Benvidos sexan vostedes
aquí os correos estamos
a presentar ante a xente
estes xenerais tan bravos.
Tes razón querida amiga
que con apenas miralos
pónseme a pel de galiña
cando veñen os cabalos.
Saudamos hoxe a todos
no Entroido da Ramallosa
profesores, pais e nenos
que estamos xuntos na escola.
Os profes deste colexio
moito traballo fixeron,
quixeron poñernos guapos
pero algúns siguen moi feos.
Si nos prestan atención
agora lles contaremos
unhas cantas novidades
do colexio e máis dos nenos.
Xa nos toca despedirnos
que veñen outros detrás
sigan gardando silencio
para poder saber máis.
Correos 3 e 4 SUSO CANICOBA-JOSÉ DAVID
A que manda en todos nós
é a nosa directora
sempre está moi elegante
Doña Pura si que mola.
Todo o día con papeles
andan de acá para alá
Ferreirós e o profe Celso
nunca paran de currar.
Tamén hai no noso centro
dous profes moi deportistas
o mesmo nos fan correr
que nos poñen de tenistas.
Mentres eles non se moven
a nós fannos correr moito
vese que xa van velliños
e non dan movido o corpo.
Temos profes para todo
matemáticas e inglés,
relixión, música e lingua
de AL e de PT.
Con tantos mestres que temos
que xa nos parecen de máis
mellor nos iría sen eles
e sen ter que traballar.
Correos 5 e 6 PEDRO OTERO-PAULA BAO
Empezamos cos disfraces
que argallamos este ano
como en tódolos lugares
hainos bos e hainos malos.
Temos bombeiros valentes
futbolistas, mariñeiros,
pintores e policías
médicos e panadeiros.
Hai que ver que artistas son
os pequechos de Infantil
poden montar un museo
que cadros xa teñen mil.
As profes dos pequeniños
sempre traballan de máis
toda a tarde carrexando
e hoxe xa hai que desmontar.
Panadeiros do colexio
que sodes tan afamados
botade pra aquí unha bola
que marchemos merendados.
Se queredes comer pan
terédelo que mercar
como esperedes por eles
con fame ides quedar.
Correos 7 e 8 MARTÍN-RUBÉN
Se tedes unha doenza
pasade pola consulta
pois neste cole hai doutores
que curan e non insultan
Iso é o que ti te cres
pero eu non che fago caso
aínda que esté ben enfermo
hai de aturar un anaco.
Onde están eses bombeiros
do cole da Ramallosa
botade auga nos caldeiros
ou collédea dunha poza!
Como teñamos un lume
imos estar apañados
que ao ver un pouco de fume
escapan del espantados
Os futbolistas do cole
chegan coas pernas ao aire
para chutar o balón
que non se lle acerque nadie.
Despois de tanto deporte
eu xa vou un pouco canso
que veñan os que nos siguen
que a nós nos toca un descanso.
Correos 9 e 10 ALEX LOBATO-JHONI
Mariñeiros de auga doce
son estes bos pescadores,
traen as redes cargadas
de xurelos e de amores.
Desde a Garda ata Fisterra,
bogan con moita alegría,
quen nos dera a nós, señores,
ter a mesma valentía.
Gran cantidade de roubos,
Seica houbo nestes días
non se asusten meus señores
que veñen os policías.
Coidado cos policías
que sonche de armas tomar
aínda que non fagas nada
sen puntos vanche deixar!
Correos 11 e 12 SANDRA-NOELIA
Anque sexas xeneral
non veñas con valentías
xenerales coma ti
cómoos eu tódolos días
Por moito que disimules
todos sabemos que es,
unha cara como a túa
non é fácil de esquecer.
Pois xa me vou despedindo
que xa non che aguanto máis
voltaremos outro ano,
pero con outro disfraz.
Non te marches enfadado
que non quero discutir
rematemos cun un viva!
Este carnaval de aquí.
Co choque destas espadas,
queremos firmar a paz
aos nenos e profesores
queremos felicitar.
Viva a Unión Carnavalesca
da nosa escola!
Vivan os nenos, familias e profesores!
Viva a xente que nos mira,
admira e rodea.
VIVAS
Vivan os pintores e pintoras que nos alegran a vista coas súas obras!
Vivan as súas mestras que tanto traballan!
Vivan os panadeiros e panadeiras que nos dan de comer tódolos días!
Vivan os doutores e doutoras que curan os nosos males!
Vivan os que apagan os nosos lumes e coidan os nosos montes!
Vivan os deportistas que meten goles e non patadas!
Vivan os peixes que nos alimentan a todos!
Vivan os mariñeiros que traballan arreo para pescalos!
Vivan os nosos policías que nos coidan , protexen e poñen multas!
Vivan os puntos que nos van quitando!
Vivan os nosos mestres e mestras que teñen tanta paciencia!
Vivan as nosas nais e pais que traballaron arreo nos nosos disfraces!
Vivan os nenos e nenas da nosa escola!
Viva o Entroido da Ramallosa!