Skip to Content

O escritor Ramón Caride escríbenos unha carta

 

O Día do Libro recibimos unha visita moi especial, o escritor Ramón Caride achegouse ao noso cole para conversar con nós sobre os seus libros.

O alumnado do terceiro ciclo leu durante este curso os libros da serie "Saíd e Sheila" e falaron con el sobre eles. A varios rapaces e rapaces de 5º B, gustáronlle tanto estes libros que lle escribiron unha carta persoal comentándolle as súas impresións.

Hai poucos días o escritor mandoulles unha carta de resposta ao grupo, agradecendo o seu interese e comentando algúns detalles desas historias que tanto éxito teñen; e cuxo tema aínda está de actualidade.

Graciñas Ramón, é un honor ter unha carta dun grande escritor coma ti;  gardarémola nun lugar especial na nosa biblioteca.

Podes lela nos arquivos adxuntos.

AnexoTamaño
carta caride.1pdf.pdf604.27 KB
carta caride2.pdf609.49 KB


page | by Dr. Radut