Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
Como cada ano o día 2 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil para celebrar o nacemento do escritor H.C Andersen, coñecido por contos como "O parrulo feo" ou "A sereíña". Por ser día festivo (Venres Santo) as actividades conmemorativas en colexios, bibliotecas infantís e outras institucións trasládanse ao día 12 de abril.
No noso cole adicaremos todo o mes de abril ás dúas conmemoracións arredor do libro, como viñamos facendo estes últimos anos.