Semanario de literatura infantil e xuvenil en versión dixital
Este semanario é o suplemento infantil dunha web para adult@s chamada "Libro de Notas". A idea para a súa publicación xurdiu trala desaparición del Pequeño País que se publicaba co xornal El País os domingos. Os seus autores pensaron que era unha mágoa que desaparecera aquel semanario, que a tantos rapaces e rapazas gustaba recibir cada semana, e decidiron engadir esta publicación á súa web.
Este sitio contén historietas de banda deseñada (cómics), textos e outros contidos relacionados coa lectura, axeitados para xoves e cativ@s dende os 5 anos ata os 120...(polo menos). Non contén publicidade e ademais podédesvos suscribir para que vos envíen por mail o aviso das novidades.
Botádelle unha ollada, paga a pena!!(preme)