MUSICAIS NO ENTROIDO
Este curso a temática do proxecto anual é a música, por iso decidiuse elixir os MUSICAIS como idea para disfrazarse no entroido.
Mans á obra: cada nivel escolleu un musical para interpretar co alumnado desa idade, informáronse sobre o mesmo, acordaron como facer o cartel publicitario para o decorado, prepararon a coreografía que escenificar o día do festival, o 9 de Febreiro diante da comunidade educativa.
O decorado cos carteis dos musicais ambientaba o pavillón para que lucisen as coreografías respectivas
(Preme na seguinte imaxe para ver os vídeos das actuacións de cada curso)
O alumnado de 6º EP, aproveitou a repartir entradas entre as familias a cambio dun donativo voluntario, como colaboración para a excursión final de curso e etapa.