Skip to Content

DÚBIDAS 2020_21

CURSO 2020_21

DÚBIDAS DE VARIAS FAMILIAS:

 

Cando teñen que levala a clase? Cando "empezan"? Tanto o ukelele como a pandeireta, sería para empezar o antes posible,  pero non quero poñer prazos, porque entendo que andamos todos a patacón por cuarta entre traballos, volta ao cole... 

De feito, quixen compartir agora toda a información para deixar un tempo prudencial e que poidan ir organizando a compra. Sobre todo, porque coas pandeiretas tradicionales dependedes tamén de que os artesáns teñan en "stock" instrumentos feitos. Así que, sería bo que fixerades o encargo en tempo.

Finalmente, empezamos coa pandeireta e as cunchas no Proxecto de Percusión tradicional, a semana do 12 de outubro (despois da ponte).

A partires desa semana, iremos rotando! Unha semana ukelele, outra pandeireta e culleres (e así sucesivamente).

Os motivos desta decisión  son varios:

- Rendabilizar máis o traballo na aula, dado o escaso tempo semanal que temos para a materia de Ed. Musical.

- Evitar que os discentes veñan moi cargados de peso, tendo en conta que xa a mochila lles supón un peso máis que suficiente.

- Tentar darlle tempo aos cativ@s para traballar cos diferentes instrumentos. Fomentando, iso sí, que leven o traballo de música día a día! É mellor que toquen 5 minutos cada día que non deixar para o día antes da clase a práctica do traballo proposto dúas semanas antes. Non tería sentido! Non se lembrarían de nada e o avance no instrumento sería nulo. Para iso, pídovos tamén a vosa "axuda"! Así faremos que tamén aprendan a ser máis disciplinad@s e organizad@s.

 

Poden compartir instrumento dous irmás? Váleme un que teño na casa? Tanto no caso do ukelele como da pandeireta, se teñen algún na casa que esté en "bo estado" (dun irmá, regalado,...) vale perfectamente, sexa o modelo que sexa.

Tamén podedes compartir entre irmáns o mesmo instrumento. Incluso no cole! Sempre que non estean no mesmo grupo-clase. E ainda que coincida a clase de música no mesmo día, podemos organizar para que na hora de música poidan empregar o da irmán indo a recollelo á súa clase. 

 

Que tamaño de pandeireta compro? Sete ou nove pares (de ferreñas)?  Agora mesmo (polo tamaño da súa man, forza e demais...), a que mellor lle viría sería a de 7 pares (especialmente ao alumnado de 3º e 4º. Pero por outra banda, a de 9 pares é "definitiva". É dicir, aforrarían de volver a mercar pandeireta. Valeríalle para toda a vida! Por iso é difícil ás veces recomendar unha ou outra a estas idades. Resumindo, para o que sería a etapa de primaria, quedaríalle xenial a de 7 pares porque é máis manexable. Pero se a seguen tocando, máis adiante, terían que mercar unha de 9 pares, porque lle quedaría pequena a de 7. Agardo que lles axudara na decisión☺

 

Terían que levar e traer o instrumento o día que teñen música, ou poden deixalo no cole? O instrumento teñen que traelo e levalo, para que poidan ir tocando na casa e avanzando. Como en calquera instrumento, a práctica é fundamental para avanzar nas apredizaxes que iremos traballando na aula. E tamén de cara á avaliación final dos mesmos.

Pregamos tamén, que sexan coidadosos coa hixiene das fundas dos instrumentos. Nesta situación, toda precaución é pouca.

 

Onde deixan o instrumento unha vez cheguen ao cole? Haberá un sitio no centro asignado para poder gardar os instrumentos o día que teñen música.   

 

- Teñen que "levar o nome posto"? É importantísimo identificar co nome do alumno tanto os instrumentos como a funda. Fágano do xeito que prefiran, coidando non estropear moito o instrumento, que sería unha mágoa. No caso do ukelele podedes poñelo na zona onde está o "clavijero" (onde se afina, por detrás, en pequeno). E coa pandeireta, facelo tamén na parte interior da madeira en pequeniño (queda máis escondida).

Coas fundas é máis sinxelo! Seguro que teñen ideas incluso mellores, pero é por darlles eu algunha opción.

 

- Que son as cunchas? Refírome a dús "cunchas de vieira". Só terían que traelas o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria

                                      

 

Teño que mercar unhas culleres? Entendo que non, pois serían dúas culleres das que temos na casa (as de metal sopeiras de toda a vida).

Culler                  Culler

 

Mil grazas por todo o voso apoio e comprensión!! Está sendo complicado, pero todos xuntos imos poder con este bichiño. Calquera cousa, aquí estamos para o que faga falla.  

 

 

 

NADAL 2020_21 

Cando chegamos onte á aula de música, tiñamos un agasallo dos REIS MAGOS agardándonos

Mandámoslle unha carta a través da ANPA pedindo unha axudiña para iniciar o “Banco solidario de instrumentos”. E vaia se chegaron cousiñasRisa

Grazas un ano máis á nosa “ANPA Río Tella” polo seu traballo e implicación a prol da Ed. Musical.

     

     Agasallo Reis 1 banner música vertical Agasallo reis 3

    Agasallo Reis 2  Agasallo Reis 5

    Agasallo Reis 6   

    

    ===================================



page | by Dr. Radut